Informe de prácticas, prácticum e prácticas externas |
Avaliarase a asistencia e a participación do alumnado nas clases prácticas, así como os informes das sesións prácticas, que incluirán os resultados obtidos nos ensaios realizados, así como a resposta ás preguntas formuladas. |
5 |
|
B6
|
C9
|
D9
|
Presentación |
O traballo realizado en pequenos grupos será avaliado a través da súa defensa pública, mediante unha rúbrica previamente coñecida. Terase en conta a información achegada, bibliografía consultada, a estruturación dos contidos, a claridade da presentación e as respostas ofrecidas no debate final co profesor e o resto do alumnado |
10 |
|
B4 B6
|
C9
|
D1 D5 D10
|
Exame de preguntas obxectivas |
Realizarase unha 1ª proba escrita na que se avaliarán os coñecementos adquiridos polo alumnado nas sesións de teoría da materia.
Realizarase aproximadamente á metade do cuadrimestre. |
30 |
|
B3 B4 B6
|
C9
|
D1 D5 D9 D10
|
Avaliación continua: (sistema de avaliación predeterminado). Constará de distintas probas realizadas durante a impartición da asignatura e unha proba final na data oficial, como se indica na táboa anterior, que recolle a porcentaxe de cada proba na nota total. A continuación preséntase un resumo: - 5% Entrega de informes, asistencia e participación en prácticas.
- 10% Exposición oral e defensa do traballo en grupo.
- 15% Exame escrito das sesións prácticas.
- 30%* Exame parcial I dos contidos teóricos da primeira parte da materia (realizarase nunha sesión de teoría durante o cuadrimestre)
- 40%* Exame parcial II dos contidos teóricos da segunda parte, nos que se considerará a comprensión global da asignatura (realizarase na data oficial do exame da 1ª edición fixada polo centro)
- *o alumnado que deba presentarse á 2ª edición do exame (na data oficial fixada polo centro) realizará un único exame escrito que avaliará a a totalidade dos contidos teóricos (temario avaliado nos Exames parciais I e II) e que representará o 70% da nota. Conservará a cualificación das tres probas de prácticas (30%)
Avaliación global: nas dúas edicións oficiais, o alumnado que renuncie á avaliación continua consonte o procedemento e no prazo establecido polo centro, seguirá un proceso de avaliación global. Constará dun único exame escrito no que serán avaliados o seu coñecemento de todos os contidos teóricos e prácticos da asignatura, eque terá un peso do 100% da nota final. Para superar a asignatura, segundo o sistema de avaliación: - Avaliación continua: a suma das puntuacións das distintas probas deberá acadar un mínimo de 5 sobre 10
- Avaliación global: debe acadarse un mínimo de 5 sobre 10.
Convocatoria Extraordinaria: levarase a cabo segundo o sistema de avaliación global, na data previamente fixada polo centro. Consta dun único exame escrito que avaliará a totalidade dos contidos teóricos e prácticos da materia, e suporá o 100% da nota final. Comportamento ético: Esperase que o alumno presente un comportamento ético adecuado na totalidade das actividades do curso, atendendo especialmente ao indicado nos Artigos 39, 40, 41 e 42 do Regulamento sobre a avaliación, a cualificación e a calidade da docencia e do proceso de aprendizaxe do estudantado da Universidade de Vigo (aprobado no claustro do 18 de abril de 2023). AVISO: No caso de discrepancias entre as distintas versións lingüísticas da guía, prevalecerá o indicado na versión en castelán. |