Tema |
Subtema |
1. Introdución e presentación da materia. |
1.1. Presentación. 1.2. Guía docente da materia. 1.3. Criterios e normas para o desenvolvemento da materia. 1.4. Ámbito profesional e legal. |
2. A Oficina Técnica. |
2.1. Introdución á oficina técnica industrial. 2.2. Realizacións da oficina técnica. 2.3. Infraestrutura dunha oficina técnica. 2.4. Organización e xestión dunha oficina técnica. |
3. Informes técnicos e traballos similares. |
3.1. Informes técnicos.
3.2. Valoracións, tasacións e orzamentos.
3.3. Outros traballos técnicos similares.
3.4. Criterios e normas para a redacción e presentación de traballos técnicos.
|
4. Metodoloxía de proxectos. |
4.1. Introdución.
4.2. Teorías sobre o proxecto.
4.3. Metodoloxía do proceso proxectual.
4.4. As fases do proxecto industrial.
|
5. O marco normativo e legal do proxecto. |
5.1. O ordenamento legal e o proxecto. 5.2. Lexislación técnica específica. 5.3. Normalización, certificación, homologación e calidade. 5.4. Propiedade industrial e transferencia de tecnoloxía. |
6. A documentación do proxecto industrial. |
6.1. Memoria. 6.2. Planos. 6.3. Prego de Condicións. 6.4. Medicións e Orzamento. 6.5. Estudos con entidade propia. |
7. Métodos e técnicas para a organización e xestión de proxectos. |
7.1. Organización, dirección e coordinación de proxectos. 7.2. Métodos e técnicas para a xestión de proxectos. 7.3. Técnicas para a optimización de proxectos. 7.4. Ferramentas para a xestión informatizada de proxectos. |
8. Tramitación de proxectos e doutra documentación técnica. |
8.1. Criterios e normas para a tramitación de proxectos. 8.2. Tramitación do visado de proxectos e doutros documentos técnicos. 8.3. Xestión de licenzas, autorizacións e permisos ante institucións públicas e privadas. 8.4. Licitación e contratación de proxectos. |
9. Dirección facultativa de proxectos industriais. |
9.1. Protagonistas que interveñen na execución material de proxectos. 9.2. Funcións e actividades da dirección facultativa ou técnica. 9.3. Marco legal que regula as funcións e responsabilidades da dirección facultativa. 9.4. Obrigacións da dirección facultativa en materia de seguridade e saúde. |
|
|
Práctica 1. Estudo e análise dun proxecto relacionado coa especialidade |
Os alumnos, ben de forma individual ou en grupo, localizarán un proxecto que estudarán e analizarán e sobre o que elaborarán un informe técnico. Informe no que figurará como mínimo: unha valoración dos principais aspectos que, a xuízo do alumno, deben destacarse do proxecto, a descrición da estrutura, contido, ordenación e presentación dos documentos do proxecto e da súa adecuación ao establecido na norma UNE 157001:2000. |
Práctica 2. Realización dunha proposta técnica para elaboración dun proxecto relacionado coa especialidade. |
Organizados os alumnos en grupos de tres a cinco membros, redactarán unha oferta de servizos profesionais dirixida a un hipotético peticionario (promotor interno ou externo) na que figurará como mínimo: a formulación do proxecto, metodoloxía de traballo a seguir para a súa elaboración e a descrición dos recursos materiais e humanos a utilizar. |
Práctica 3. Elaboración dos documentos dun proxecto sinxelo. |
Organizados os alumnos en grupos de tres a cinco membros deberán desenvolver, segundo o seu nivel de dificultade, a documentación do anteproxecto ou dun proxecto de detalle. Poderase esixir a presentación e defensa do traballo desenvolvido. |
Práctica 4. Realizar unha planificación básica para a execución do proxecto elaborado. |
Apoiándose nos métodos e ferramentas de xestión de proxectos, cada grupo realizará a planificación e programación da execución material do traballo elaborado. |