PRIMEIRA EDICIÓN: a)Modalidade de Avaliación continua A avaliación continua realizarase durante o periodo de impartición da
materia. Para superar a materia o alumno deberá acadar un 5 ou superior. A contribución de cada proba a nota é como segue: 1) Avaliación dos contidos de prácticas mediante proba
escrita, elaboración e entrega da memoria de prácticas (20% da cualificación).
Poderáse facer na semá destinada para a primeira proba da Avaliación continua
marcada polo Centro. 2) Elaboración e presentación dun traballo (10% da cualificación). 3) Primeira proba escrita dos contidos impartidos nas clases
non prácticas (30% da cualificación). Esta proba está programada para mediados
do cuatrimestre de impartición da materia e segundo fixa o Art. 20 do Regulamento sobre a avaliación, a calificación
e a calidade da docencia e do proceso de aprendizaxe do estudantado,
faráse no horario lectivo da materia. 4) Segunda proba escrita dos contidos impartidos nas clases
non prácticas (40% da cualificación). Esta proba levaráse a cabo na data oficial marcada polo centro para
realizar a avaliación global da materia. Para superar a materia na primeira edición da acta por avaliación continua,
deberáse acadar un 40% como mínimo en cada unha das probas escritas referidas aos
contidos contidos teóricos da materia. a) No suposto de que o alumno, na primeira proba non
acade este mínimo, poderá ser avaliado a través da metodoloxía de
avaliación global, expresando por escrito a súa renuncia a avaliación continua.
b) No caso de que non acade o mínimo na segunda proba
de avaliación continua, non se considerarán as cualificacións 1) e 2). b)Modalidade de Avaliación global. Aqueles alumnos que renuncien á metodoloxía de avaliación continua e
polo tanto empreguen a metodoloxía de avaliación global, farán un exame
sobre a totalidade dos contidos da materia (impartidos tanto nas clases
teóricas como nas prácticas) na data marcada polo centro, sobre unha puntuación
de 10 puntos, sendo preciso acadar 5 puntos. SEGUNDA EDICIÓN (exame de Xullo): Na segunda edición da acta: a) Aqueles alumnos que na edición anterior se avaliaron pola modalidade
da Avaliación continua, se o desexan, poderán manter as cualificacións
dos apartados 1) e 2). Neste caso, serán avaliados mediante unha proba escrita,
sobre os contidos impartidos nas clases teóricas. A proba representará un 70%
da cualificación final, sendo preciso acadar un mínimo do 40%, para que a nota
desta proba pódase sumar ás obtidas nos apartados 1) e 2). Esta proba realizaráse
na data oficial fixada polo centro. b) Modalidade de Avaliación global: Nesta
modalidade o alumno fará unha proba escrita que avaliará a totalidade dos
contidos da materia, impartidos nas clases de teoría e de prácticas. Para
superar a materia o alumno deberá obter 5 puntos sobre 10. Esta proba
realizaráse na data oficial fixada polo centro para a segunda oportunidade. Compromiso
Ético: Espérase
que o alumno/a presente un comportamento ético adecuado, tal como se
recolle nos Artigos 39, 40, 41 e 42 do Regulamento
sobre a avaliación, a calificación e a calidade da docencia e do proceso
de aprendizaxe do estudantado, aprobado no Claustro do 18 de Abril do 2023. No caso de detectar
un comportamento non ético (copia, plaxio, emprego de aparellos
eléctricos non autorizados, e outros) considerarase que ó
alumno non reune os requisitos necesarios para superar a materia. Neste caso, a
cualificación global non presente curso académico sera de suspenso (0.0). AVISO: No suposto de haber discrepancias entre as diferentes versións
lingüísticas da guía, prevalecerá o recollido na versión de galego. |