1. AVALIACIÓN CONTINUA (EC)
Inclúe a cualificación ECA sobre os contidos de aula, cun peso do 80% da cualificación final, e a cualificación ECL sobre os contidos de laboratorio, cun peso do 20% da cualificación final: EC = ECA (80%) + ECL (20%).
A cualificación ECA obterase na oportunidade ordinaria mediante probas teórico-prácticas que se realizarán durante o curso, cun peso do 40% da cualificación final (cualificación ECC1), e unha proba final teórico-práctica, cun peso do 40% da cualificación final (cualificación ECF1). A oportunidade extraordinaria seguirá unha composición igual á ordinaria de xeito que haberá dúas probas teórico-prácticas, ECC2 e ECF2, equivalentes en contidos e metodoloxía de avaliación (preguntas obxectivas, de desenvolvemento e problemas) a ECC1 e ECF1 respectivamente.
A cualificación ECL obterase mediante informes de prácticas, cun peso do 10% da cualificación final (cualificación ECLI), e probas teórico-prácticas, cun peso do 10% da cualificación final (cualificación ECLE). Para obter a cualificación ECL será necesario ter asistido a todas as sesións de laboratorio. En caso contrario, a cualificación ECL será 0,0.
Cualificación final EC da materia para a modalidade de avaliación continua:
- Oportunidade ordinaria: EC = ECC1 (40%) + ECF1 (40%) + ECLI (10%) + ECLE (10%).
- Oportunidade extraordinaria: EC = ECC2 (40%) + ECF2 (40%) + ECLI (10%) + ECLE (10%).
Na oportunidade extraordinaria, en cada parte ECC2 e ECF2 o estudante poderá optar entre manter a súa anterior cualificación da mesma parte, ECC1 e EFC1 respectivamente, ou realizar o exame para obter unha nova cualificación que substitúa á anterior.
2. AVALIACIÓN GLOBAL (EG)
Aqueles estudantes que teñan concedida a renuncia á avaliación continua terán a posibilidade de realizar un exame global escrito para obter unha cualificación EG que terá un peso do 100% da cualificación final e que incluirá as seguintes partes: unha parte teórico-práctica sobre contidos de aula, cun peso do 80% da cualificación final (cualificación que denominaremos EGA1 na oportunidade ordinaria e EGA2 na extraordinaria), e unha parte teórico-práctica sobre contidos de laboratorio, cun peso do 20% da cualificación final (cualificación que denominaremos EGL1 na oportunidade ordinaria e EGL2 na extraordinaria).
Cualificación final EG da materia para a modalidade de avaliación global:
- Oportunidade ordinaria: EG = EGA1 (80%) + EGL1 (20%).
- Oportunidade extraordinaria: EG = EGA2 (80%) + EGL2 (20%).
Na oportunidade extraordinaria, en cada parte EGA2 e EGL2 o estudante poderá optar entre manter a súa anterior cualificación da mesma parte, EGA1 e EGL1 respectivamente, ou realizar o exame para obter unha nova cualificación que substitúa á anterior.
3. AVALIACIÓN DE FIN DE CARREIRA (FC)
A avaliación da convocatoria de fin de carreira segue o mesmo esquema que a avaliación global EG.
Cualificación final FC da materia na convocatoria de fin de carreira:
FC = FCA (80%) + FCL (20%).
4. NORMAS XERAIS
Para superar a materia é condición necesaria e suficiente ter obtido unha cualificación final superior ou igual a 5,0 nunha escala de 0 a 10.
Dentro das especificacións detalladas nos apartados anteriores, as probas e exames poderán ter diferentes variantes dentro dun mesmo grupo de aula ou de laboratorio.
Compromiso ético: Espérase que o alumno mostre un comportamento ético axeitado. No caso de detectar un comportamento non ético (copia, plaxio, utilización de aparellos electrónicos non autorizados, etc.), considerarase que o alumno non reúne os requisitos necesarios para superar a materia. Nese caso, a cualificación final na oportunidade de avaliación correspondente será de suspenso (0,0).
Non se permitirá a utilización de ningún dispositivo electrónico durante as probas de avaliación agás autorización expresa. O feito de introducir un dispositivo electrónico non autorizado na aula do exame será considerado motivo de non superación da materia e a cualificación final na oportunidade de avaliación correspondente será de suspenso (0,0).
|