Para aqueles/as estudantes que opten por avaliación continua a nota final obterase como: Se nota do exame final (sobre 10) < 3.5, min(4, Npuntuables+Nproxecto+Nexame) (1.a) Se nota do exame final (sobre 10) >= 3.5, Npuntuables+Nproxecto+Nexame (1.b) sendo Npuntuables a nota acumulada nos exercicios curtos puntuables, ata un máximo de 3 puntos; Nproxecto a nota do proxecto práctico ata un máximo de 4 puntos, e Nexame a nota do exame final ata un máximo de 3 puntos. As probas intermedias (os puntuables) non son recuperables. Para os/as estudantes que opten por avaliación global, a nota final obterase como: Se nota do exame final (sobre 10) < 3.5, min(4, Nproxecto+Nexame) (2.a) Se nota do exame final (sobre 10) >= 3.5, Nproxecto+Nexame (2.b) sendo Nproxecto a nota dun proxecto práctico proposto de forma específica para os/as estudantes de avaliación global, de complexidade similar ó proxecto dos/as estudantes de continua, ata un máximo de 4 puntos, e Nexame a nota do exame final ata un máximo de 6 puntos. O exame final dos/as estudantes que optan por avaliación global (non continua) poderá constar de máis exercicios que o dos/as estudantes que se avalían por avaliación continua. O/a estudante debe comunicar se opta por avaliación continua ou global nun prazo establecido por o profesorado; este prazo será como mínimo de un mes e estará comprendido dentro do período entre a publicación das notas da primeira proba de avaliación intermedia e a realización da terceira. En caso de que non o comunique e non se presente á terceira proba de avaliación intermedia, considerarase que opta por avaliación global. A nota das probas de avaliación intermedia consérvase para a oportunidade extraordinaria, pero non para cursos posteriores. No exame de oportunidade extraordinaria os/as estudantes que tiveran optado por avaliación continua na oportunidade ordinaria poderán elixir se desexan manter a nota obtida nas probas de avaliación intermedia e ser cualificados/as segundo (1.a) e (1.b), ou ser avaliados/as segundo (2.a) e (2.b). Os/as estudantes que na oportunidade ordinaria tiveran optado por avaliación global, serán avaliados en todo caso empregando (2.a) e (2.b). Na convocatoria de fin de carreira a avaliación consistirá únicamente nun exame escrito. Consideraranse presentados a unha oportunidade de avaliación tódolos/as estudantes que opten por avaliación continua, así como aqueles/as que opten por avaliación global e se presenten ao examen final. En caso de detección de copia en calquera das probas (proxecto, probas de avaliación intermedia ou exame final), a cualificación final será de SUSPENSO (0) e o feito será comunicado á dirección do Centro para os efectos oportunos. |