No marco das "Prácticas de laboratorio" poderanse incluir aspectos tales coma a asistencia a clase, traballo persoal, actitude, etc., para axudar á obtención do aprobado. Os alumnos con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia, serán evaluados da mesma forma, permitindo unha semana máis de marxe nas entregas de tarefas. Para a segunda oportunidade non haberá un segundo plazo de entrega de traballos, e a evaluación relativa a "Obradoiro" e "Prácticas de laboratorio" incluirase na "Proba mixta". Os criterios de avaliación da convocatoria adiantada de decembro serán iguais ós da segunda oportunidade do curso anterior. |