Todo o alumnado pode acceder á avaliación continua da materia ao longo do curso. Unha vez pasado un mes desde o inicio do curso, o alumnado pode comunicar por escrito ao profesorado a súa renuncia á avaliación continua e optar á avaliación global. A cualificación da avaliación continua será a seguinte: - os informes de prácticas (entregables) realizadas ao longo do curso terá un valor de 30% na nota final - a proba escrita ten un valor de 40% na nota final - O traballo tutelado teñen un valor total de 30% na nota final Para poder optar ao aprobado na avaliación continua hai que aprobar cada unha das partes cun mínimo de 3,5 puntos. O alumnado que opte á avaliación global se presentará ao exame final na data correspondente fixada pola dirección do centro. No exame entrerán tanto os contidos das clases teóricas como as prácticas O calendario oficial de exames será publicado na web oficial da escola. http://eei.uvigo.es/ Compromiso ético: Espérase que o alumno presente un comportamento ético adecuado. No caso de detectar un comportamento non ético (copia, plaxio, utilizacización de aparellos electrónicos non autorizado, e outros) considérase que o alumno non reune os requisitos necesarios para superar a materia. Neste caso a cualificación global no actual curso académico será de suspenso (0.0). |