O Traballo de Fin de Mestrado (TFM) forma parte como módulo, materia ou disciplina, do plan de estudos de todo título oficial de mestrado. O traballo de fin de mestrado é un traballo persoal e orixinal tanto no título como nos contidos, que cada estudante realizará de maneira autónoma baixo titorización docente, e debe permitirlle mostrar de forma integrada a adquisición dos contidos formativos e as competencias asociadas ao título. En ningún caso, pode ser un traballo presentado con anterioridade polo/a estudante nalgunha materia de calquera titulación nesta ou noutra universidade, aínda que pode integrar ou desenvolver trabalhos feitos nas actividadesd outras materias da titulación.