Esta materia centrarase nunha das metodoloxías empíricas de estudo da tradución e da interpretación que máis se está a desenvolver na actualidade: o uso de corpus textuais de traducións e orixinais para rastrexar, identificar, describir e clasificar distintos fenómenos de tradución.
Malia centrarse a exposición en análises de tradución escrita, e concretamente en cuestións relacionadas coa Estilística Comparada, a metodoloxía é aplicable ó estudo doutro tipo de fenómenos, tanto de tradución como de interpretación.
Esta materia incorpora a perspectiva de xénero nos seus contidos, metodoloxía e avaliación.
Todo o alumnado contará, como non pode ser doutro xeito, co meu asesoramento constante, tanto durante a docencia presencial como durante o período de traballo autónomo, xa sexa por medio do correo electrónico ou persoalmente no meu despacho C35 da Facultade de Filoloxía e tradución. As mañás dos luns e mércores de 11.00 a 13.00 estarei á vosa disposición, pero podedes contactar comigo tamén en calquera outro momento. No enderezo alugris@uvigo.gal ou no despacho estou á vosa disposición para todo o que precisedes. Podédesme atopar tamén en skype, twitter ou FaceBook como alugris e en Google Talk como alugris@gmail.com.