Código |
Descrición |
A1 |
Que o estudantado demostre posuír e comprender coñecementos nunha área de estudo que parte da base da educación secundaria xeral e adoita atoparse a un nivel que, malia se apoiar en libros de texto avanzados, inclúe tamén algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda do seu campo de estudo. |
A5 |
Que os estudantado desenvolva aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía. |
B7 |
Coñecer os métodos básicos do estudo e análise lingüísticos e literarias. |
C3 |
Coñecemento da evolución das formas, medios e xéneros da creación literaria nas literaturas do grao. |
C4 |
Coñecemento da periodización e sistematización dos movementos literarios e capacidade para distinguir e clasificar as obras dentro deses períodos e movementos. |
C11 |
Capacidade para avaliar e habilidade para empregar ferramentas e recursos dixitais e presenciais para a procura e xestión de información no ámbito das linguas ou as literaturas do grao. |
D1 |
Capacidade para comprender o significado e aplicación da perspectiva de xénero nos distintos ámbitos de coñecemento e na práctica profesional co obxectivo de alcanzar unha sociedade máis xusta e igualitaria. |