Existen dous sistemas de avaliación da materia: a) AVALIACIÓN CONTINUA, para o alumnado que asista regularmente ás clases presenciais e realice e entregue as tarefas de avaliación indicadas polo profesor en tempo e forma. A puntuación final obterase da suma das porcentaxes das puntuacións expresadas arriba e deberá superar o 5 (sobre 10). De non superar algunha das actividades que se avalían, o profesorado poderá mandar repetilas. En todo caso, para aprobar a materia na convocatoria oficial de maio (1ª oportunidade), o/a alumno/a deberá ter aprobado (nota de 5 sobre 10) as probas de "Exame de preguntas obxectivas", "Exame de preguntas de desenvolvemento" e de "Exame oral". Tamén deberá ter entregado obrigatoriamente o "Traballo académico escrito obrigatorio". Na convocatoria oficial de xuño (2ª oportunidade), o/a alumno/a suspenso deberá repetir os "Exames" escritos e/ou orais non superados e, en caso de non o ter feito, entregar o "Traballo académico escrito obrigatorio" . No caso de que o/a alumno/a renuncie á avaliación continua ou incumpra as condicións esixidas pasará a ser avaliado polo sistema b) de "Avaliación única". b) AVALIACIÓN ÚNICA. O alumnado que non opte polo sistema de "avaliación continua", para superar a materia na convocatoria de maio deberá examinarse sobre todos os contidos da materia nun "Exame final único escrito" (7.5 p.), que se realizará no día que dispoña o calendario oficial de exames de maio da Facultade; ese mesmo día deberá entregar o "Traballo académico escrito obrigatorio" (1.5 p.) e facer a súa "Exposición oral" (1 p.). No caso de non superar ese exame (menos de 3.5) e/ou non entregar o "Traballo académico escrito obligatorio" e/ou a "Exposición oral" (menos de 0.5p.), o/a alumno/a deberá volver examinarse por medio doutro exame escrito e/ou entregar o traballo obrigatorio e/ou facer a exposición na convocatoria de xuño, na data oficial de exames que dispoña a Facultade. Os/as alumnos/as que opten por este sistema poderán asistir ás aulas e ser atendidos nas titorías cando o solicitaren. |