Estudo de casos |
Traballarase en clase con encargos reais de revisión e corrección de textos ante os cales o alumnado deberá tomar unha serie de decisións sobre como realizalos e solucionar os problemas de xestión que se presenten. |
Prácticas con apoio das TIC |
Ademais de realizar, en tempo e forma, os exercicios encomendados a través da plataforma Moovi, o alumnado deberá participar moi activamente nos debates e foros xerados tanto en clase como nos que se puideron producir en Moovi con motivo da docencia impartida en clase e a publicación das distintas entradas na Páxina Facebook da materia: https://www.facebook.com/galeradas |
Lección maxistral |
O profesorado presentará:
a) cada unha das unidades temáticas do programa que servirán de marco de traballo para a realización das prácticas de revisión e corrección de textos,
b) as cuestións metodológicas e técnicas relevantes en cada tipo de corrección (concepto, estilo e tipográfica) |