Presentación |
Presentación por parte do alumnado en grupos pequenos. As presentacións conterán contidos teóricos e/ou resultados da súa investigación propia. |
Estudo previo |
O alumnado deberá ler bibliografía especializada sobre as cuestións morfosintácticas que se tratarán na aula. |
Aprendizaxe baseado en proxectos |
Unha parte do alumnado levará a cabo, en colaboración con alumnado de FAGE e da Universidade de Leiden, un International Virtual Collaboration Project, consistente na elaboración dun vídeo (Knowledge Clip) que recollerá o seu labor de revisión de bibliografía e sistematización de datos recollidos a través de entrevistas. Redactará e entregará tamén un breve deseño do Proxecto. O restante alumnado levará a cabo un proxecto semellante en grupo. Estes proxectos contarán coa guía constante das persoas docentes implicadas. |
Saídas de estudo |
O alumnado levará a cabo entrevistas a falantes seguindo as pautas sinaladas polos docentes implicados na elaboración do vídeo. |