Pautas xerais As/os estudantes deberán escoller, de
forma obrigatoria nas primeiras dúas semanas do cuadrimestre en cuestión, entre
dúas opcións: un sistema de avaliación continua (cf. supra a descrición
en "Avaliación") ou un sistema de avaliación única. Recoméndase optar polo
primeiro. A copia ou o plaxio en calquera das
probas das avaliacións
continua ou única poderá motivar a solicitude de apertura dun expediente
sancionador, nas dúas edicións das actas. Alegar descoñecemento do que
supón plaxio non eximirá o alumnado da súa responsabilidade nese
aspecto. Avaliación continua Para superar a materia, será preciso entregar
coa regularidade requirida as prácticas de clase e obter unha nota mínima de cinco (sobre dez) en todas as partes de
avaliación. De non acadar a
nota de cinco nalgunha destas formas de avaliación, non se realizará media. A non realización de probas ou exercicios
parciais previstos polo sistema de avaliación continua (cf. supra a
descrición en "Avaliación") suporá a obtención dunha cualificación de 0 (cero)
puntos nesta. A data do exame de avaliación
continua coincidirá coa data do exame de avaliación única recollida no
calendario oficial da FFT. O exame oral realízase inmediatamente despois de rematado o exame escrito. Avaliación única Para superar a materia, será preciso
superar cunha nota mínima de cinco (sobre 10) as dúas probas seguintes: -Exame oral (40%). -Exame escrito (60%). Deberase obter en ambos casos unha
cualificación mínima de 5 puntos (sobre 10) para poder efectuar media. A data do exame de avaliación única (oral e escrito) será establecido pola FFT e publicado no
seu calendario oficial. Segunda edición das actas Os mesmos criterios de avaliación
única aplicaranse na segunda edición das actas (xullo). O alumnado de avaliación continua que
non supere a materia na primeira convocatoria e teña que acudir á segunda edición
das actas terá que presentarse unicamente á parte que teña suspensa. En todo caso, recoméndase a asistencia regular ás aulas e ás
titorías e a consulta dos materiais e informacións
específicas na plataforma Moovi, mesmo que non se siga o sistema de avaliación
continua. Outros comentarios
- As prácticas de clase e traballos
de aula (estudos de caso etc.) deberán entregarse na semana seguinte á que foron
propostas na aula.
- Terase en conta non só a pertinencia e calidade das respostas, senón
tamén a súa corrección lingüística. Penalizaranse os erros de
expresión (ortografía, puntuación, incoherencias sintácticas, uso
inadecuado do
léxico etc.). |