A materia de Produción Artística: Imaxe II está centrada na arte múltiple e/ou creada mediante procesos reproductibles. Produción Artística: Imaxe II está deseñada para que conflúan nela contidos comúns de técnicas gráficas, fotografía, deseño gráfico e editorial, ilustración e cómic, aplicados á arte contemporánea.
Tomando como fío condutor a obra de arte múltiple preténdese desenvolver un traballo artístico propio, ao redor dun proxecto gráfico seriado e potencialmente reproducible.