Esta materia de carácter anual encádrase na titulación de Graduado Superior Senior en Cultura e Sociedade cun total de 3 créditos ECTS (75 horas). Preténdese proporcionar ao alumnado a adquisición das competencias e coñecementos necesarios dentro do ámbito da Educación Ambiental, así como das bases da exploración e a aprendizaxe autónoma. Ademais, desde esta materia preténdese que o alumnado desenvolva capacidades que transcenden o ámbito dos coñecementos teóricos, como capacidade para a elaboración de documentos, o uso da palabra falada, o uso de fontes, a análise crítica dos medios de comunicación, etc… O papel do docente consiste en facilitar nos alumnos a aprendizaxe das competencias necesarias para unha
comprensión integral das problemáticas ambientais e da Educación Ambiental como resposta ás
mesmas; á vez que adquiran hábitos ambientalmente adecuados na súa contorna inmediata.