A cualificación obtense polo traballo realizado, o que supón o 100% da nota.
DATAS DE PRESENTACIÓN NAS DIFERENTES CONVOCATORIAS CONVOCATORIA FIN DE CARREIRA O período de defensa realizarase do 20-23 de novembro de 2023. CONVOCATORIA PRIMEIRO PERIODO O período de defensa realizarase do 22-29 de febreiro de 2024. CONVOCATORIA SEGUNDO PERIODO O período de defensa realizarase do 1 ao 4 de xullo de 2024. CONVOCATORIA SEGUNDA OPORTUNIDADE O período de defensa realizarase do 9-12 de setembro de 2024. CONVOCATORIA PERMANENTE O período de defensa durante todo o curso, data tope 12 de setembro de 2024. Todas as datas de presentación que figuran no sistema de
avaliación son as aprobadas pola Xunta de Centro da ESEI. En caso de
erro ao transcribilas, a válida é a aprobada oficialmente e publicada no
calendario de presentación e defensa de TFG da ESEI. |