Avaliación
continua: - A avaliación das/os estudantes
matriculadas/os na materia farase atendendo aos criterios explicados na
guía docente. - A avaliación continua implica unha
asistencia mínima a un 80% das aulas (GG, GM e GP) - A avaliación será preferentemente continua, o estudantado que renuncie á avaliación continua poderá optar pola avaliación global. Deberá comunicalo ao docente no prazo establecido.
Avaliación
global: - Deberán realizar as prácticas (texto
+ exposición en formato vídeo) seguindo as indicacións das dúas rúbricas
de avaliación dispoñibles na plataforma Moovi. (20%) - Exame de preguntas obxectivas. (40%)
- exame de preguntas de
desenvolvemento. (40%)
IMPORTANTE
para TODO O ESTUDANTADO: Para superar a
materia, os/as estudantes deberán aprobar cada unha das partes de avaliación
-probas teóricas (exames) e as prácticas (resolución de exercicios +
presentacións)- de forma separada cun mínimo de cinco, para poder sumar as
notas obtidas en ambas as partes para determinar o resultado final. Será requisito
necesario para o desenvolvemento da materia que o profesorado da mesma poida
dispoñer dunha FOTOGRAFÍA actualizada do alumnado (1) que deberán subir á
plataforma a comezos de curso, e sempre antes do día 30 de setembro. As datas oficiais
dos exames poden consultarse na web da Facultade no espazo "datas
exames". Toda a
información da materia estará dispoñible na plataforma Moovi. https://moovi.uvigo.gal 2ª OPORTUNIDADE - Convocatoria Extraordinaria As probas (parte
teórica o parte práctica) superadas na 1ª oportunidade, no serán obxecto de
avaliación na 2ª oportunidade, considerándose aprobadas nese cursos académico.
Non se gardarán notas dun curso a outro. A 1ª
oportunidade, no caso de non superar a materia, non consta no expediente
académico. A cualificación faise efectiva na convocatoria extraordinaria. MODALIDADE de
AVALIACIÓN GLOBAL e CURSO PONTE As e os
estudantes que decidan optar pola avaliación global e Curso Ponte, deberán
poñerse en contacto coa profesora para notificar esta opción a comezos de curso
e sempre antes do prazo establecido. Coa finalidade de
favorecer a conciliación da vida laboral ea formación académica, os contidos,
planificación, recursos metodolóxicos e sistema de avaliación adaptaranse para
alumnado non asistencial e do curso ponte garantindo, en todo caso, a
consecución das competencias e resultados de aprendizaxe establecidos neste
documento. Abrirase un cartafol específico na plataforma Moovi na cal se
informará das tarefas e probas de avaliación que guiarán o desenvolvemento
desta materia para alumnado do curso ponte ou profesionais en exercicio. ____ En coherencia co
carácter inclusivo que caracteriza a Facultade de Educación e Traballo social,
esta guía poderá ser adaptada para atender ás necesidades específicas de apoio
educativo que presente o alumnado adscrito ao programa PIUNE (Programa de
integración de universitarios/as con necesidades específicas de apoio
educativo) ______________________________ (1) A única
finalidade do tratamento deste dato é que o profesorado da materia poida
verificar a identidade do alumnado matriculado na mesma. A base de lexitimación
para o tratamento deste dato realízase en aplicación do disposto no artigo
6.1e) do RXPD no que o tratamento é necesario para o exercicio dos poder
públicos conferidos ao responsable do tratamento baseados na Lei 39/2015 no RD
1791/2010, do 30 de decembro , polo que se aproba o Estatuto do Estudante
Universitario. O acceso á imaxe e aos datos persoais do alumnado só é permitido
ao profesorado de cada materia para a realización das actividades académicas
indicadas nesta guía docente e non serán utilizados nin divulgados para
ningunha outra finalidade, debendo gardar o correspondente deber de
confidencialidade dos mesmos. Máis información:
https://www.uvigo.gal/proteccion-dato. |