A realidade do ámbito profesional do Educador Social presenta nunha variedade de escenarios moi diversos onde desenvolve a súa labor profesional, dando resposta ás demandas de acceso á cultura, ao benestar e de participación na vida social de amplos colectivos de poboación. O seu traballo ten dúas vertentes moi marcadas: a formativa e a asistencial e de atención ás persoas. Con esta materia de “Socioloxía da Educación" trátase de elaborar un modelo que dé coherencia teórica, dende o que se poida plantexar a pluralidade de situacións dos diversos contextos nos que se desenvolve o educador social na súa práctica profesional.