O alumnado poderá elixir
ser avaliado mediante o sistema de Avaliación continua (AC),
ou alternativamente optar por unha proba de Avaliación Global
(AG). A avaliación por
defecto é a AC. O alumnado poderá elixir
AG segundo o procedemento e o prazo establecido polo Centro. A elección de AG
supón a renuncia ao dereito de seguir avaliándose mediante as actividades de AC
que resten e á cualificación obtida ata ese momento en calquera das probas que
xa tiveron lugar. -- Avaliación
continua. En caso de non renunciar á avaliación continua: Neste caso o alumnado
deberá realizar o conxunto de actividades e probas de avaliación descrito no
apartado precedente que valerán o 35%, 35% e 30% da nota respectivamente. É necesario alcanzar un mínimo de 3.5 (sobre 10) en cada
proba (en cada un dos traballos e actividades e no exame de tipo test) para
poder compensala e superar a materia. Os alumnos que non superen a materia na primeira
oportunidade, teñen dúas opcións: - Realizar un exame na data oficial establecida pola
Coordinación do Máster para os exames correspondentes á segunda oportunidade
(mes de xullo), que supoñerá o 100% da cualificación. Mediante este exame,
avaliaranse todas as competencias da materia. - Conservar a nota obtida nos traballos e actividades do
Bloque I e/o do Bloque II (35% cada un) e/o na proba de tipo test (30%), sempre
que sexa superior a 3.5 (sobre 10) e realizar, unicamente, as probas nas que
non alcanzaron a nota mínima de 3.5 (sobre 10). É necesario alcanzar un mínimo
de 3.5 (sobre 10) en calquera das probas para poder compensala e superar a
materia. No caso de que as notas dos traballos e actividades de cada Bloque e
do exame tipo test na primeira oportunidade sexan superiores ao mínimo de 3.5
pero a nota global na primeira oportunidade non alcanzase os 5 puntos, o alumno
deberá realizar o exame de tipo test (30%) na data oficial establecida pola
Coordinación do Máster para os exames correspondentes á segunda oportunidade. Será
suficiente alcanzar un mínimo de 5 (sobre 10) nesta proba para superar a
materia (en tal caso, se a puntuación total é inferior a 5, a cualificación en
actas será 5). Se, en calquera das dúas oportunidades, non se aproba a
materia por non alcanzar o mínimo nalgunha proba, e a puntuación total é igual
ou superior a 5 (sobre 10), a cualificación en actas será 4.9 (sobre 10). Para poder ser avaliado
por este sistema hai que asistir polo menos ao 75% das horas de docencia
presencial. -- Avaliación
global. O alumnado será avaliado
mediante unha proba teórico-práctica na data oficial fixada no calendario de
exames da Facultade. Esta proba representa o 100% da nota. No suposto de non superar
a nota en primeira oportunidade, o alumnado poderá ser avaliado de novo na
segunda oportunidade a través dunha proba teórico-práctica na data oficial
fixada no calendario de exames do Master. Esta proba suporá o 100% da nota. Os estudantes que non
participen na AC nin na AG, figurarán nas actas como “non presentados”. Recoméndase ao alumnado
ter en conta o Título VII (Do uso de medios ilícitos), do Regulamento sobre a
Avaliación, a cualificación e a calidade da docencia e do proceso de
aprendizaxe do estudantado
(https://secretaria.uvigo.gal/uv/web/normativa/public/normativa/documento/downloadbyhash/4904ced4d24eb81fe5715ddde2c48c59c0a7c4d624cd0e7491df7a753985ccfa
) As datas e horas das
probas de AG (de primeira e segunda oportunidade) son as especificadas no
calendario de probas de avaliación aprobado pola Comisión Académica do Master
(CAM) para o presente curso. En caso de conflito ou disparidade entre as datas
de exames, prevalecerán as publicadas na web do Master: www.mbadeporte.es |