Economía Aplicada ó Turismo é unha materia básica que se imparte no primeiro semestre do Grao en Turismo. Consta dun total de 6 créditos ECTS, que se corresponden con 150 horas de traballo do alumno, das cales aproximadamente 50 son actividades presencias, mentres que o resto serán actividades non presenciais.
A língua de impartición será o galego. Non obstante, a materia é English Friendly, con titorías e posibilidade de acceder a materias de apoio en inglés para o alumnado que o precise.
Esta materia pretende iniciar ao estudante no coñecemento das técnicas e da área de estudo da Economía Aplicada, con especial fincapé no papel do sector turístico nas economías actuais.