Exame de preguntas de desenvolvemento |
Realizaranse dous exames ao longo da avaliación continua, cun peso do 35 % sobre a nota final cada un:
- Primeiro exame: correspondente aos contidos de teoría de circuítos (Parte I).
- Segundo exame: o día do exame final, correspondente aos contidos de máquinas e instalacións eléctricas (Parte II).
Cada parte valorarase de 0 a 10 puntos.
Resultados de aprendizaxe esperados: RA1-RA2-RA3 |
35 |
A3 A4
|
B1
|
C17
|
D2 D4 D5
|
As datas de exames son as aprobadas pola Xunta de Facultade (en caso de erro na transcrición das datas de exames, as válidas son as aprobadas oficialmente e publicadas no taboleiro de anuncios e na web do Centro): - Fin de Grado: 28 de setembro de 2023 ás 16:00
- 1ª edición: 5 de abril de 2024 ás 10:00
- 2ª edición: 12 de xullo de 2024 ás 10:00
A modalidade de avaliación preferente é a Avaliación Continua. Aquel/a estudante que desexe a Avaliación Global (o 100% da calificación no examen oficial) debe comunicarllo ao responsable da materia, por email ou a través da plataforma Moovi, nun prazo non superior a un mes desde o comenzo da docencia da materia.
Avaliación continua:
A nota final da avaliación continua obtense pola media ponderada dos ítem anteriores: Nota = 0,10 x Resolución problemas de forma autónoma + 0,20 x Prácticas + 0,35 x Exame Parte I + 0,35 x Exame Parte II De acadarse nalgunha das partes I ou II de Exame unha nota inferior a 3 puntos sobre 10, aínda que a nota final sexa igual ou superior a 5,0 puntos, a nota máxima obtida será de 4,5 puntos. Aqueles/as estudantes que non obtiveran unha calificación igual ou superior a 5 puntos sobre 10 no Exame da Parte I, poderán solicitar un exame adicional a continuación do exame final da primeira oportunidade. No exame de segunda oportunidade, o/a estudante pode optar por: - Manter a nota do Traballo e Prácticas, e realizar un Exame da Parte I e/ou II das que non se obtivera unha calificación igual ou maior de 5 puntos sobre 10, ou en caso de querer subir nota nas mesmas. A puntuación corresponderá coa obtida en segunda oportunidade.
- Presentarse ao exame global para obter o 100 % da nota.
Avaliación global primeira oportunidade, segunda oportunidade e Fin de Carreira:Aqueles/as estudantes que soliciten a avaliación global para a primeira e segunda oportunidade, ou se examinen de Fin de Carreira, realizarán un exame dividido en tres partes: - Exame Parte I problemas correspondentes a teoría de circuítos, cun peso do 40 %
- Exame Parte II problemas correspondentes a máquinas e instalacións eléctricas, cun peso do 40 %
- Exame sobre cuestións teórico-prácticas da materia, cun peso do 20 %.
De acadarse nalgunha das partes do exame global de primeira e segunda oportunidade unha nota inferior a 3 puntos sobre 10, aínda que a nota final sexa igual ou superior a 5,0 puntos, a nota máxima obtida será de 4,5 puntos. Conservarase para a segunda oportunidade, aquela parte ou partes da avaliación global da primeira oportunidade superadas, nas que obtiveron unha calificación igual ou maior de 5 puntos sobre 10. Por tanto, o/a estudante poderá: - Presentarse ao resto de partes do exame. Neste caso conservarase a nota da parte ou partes superadas.
- Facer o exame completo, de querer subir nota nas partes xa superadas anteriormente. Neste caso, a puntuación corresponderase coa obtida en cada unha das partes do exame de segunda oportunidade.
Cada nova matrícula na materia supón unha posta a cero de todas as calificaciones obtidas en cursos anteriores. Con todo, aqueles/as estudantes que realizasen todas as prácticas de laboratorio do curso académico inmediatamente anterior, e obtivesen unha nota de 5 puntos sobre 10 de media nas mesmas, poderán solicitar o seu recoñecemento no prazo que se estableza ao comezo da docencia. Agárdase que os/as estudantes presenten un comportamento ético adecuado. En caso de detectar un comportamento ético non axeitado (copia, plagio, utilización de aparellos electrónicos non autorizados, e outros) considerarase que o/a estudante non reúne os requisitos necesarios para superar a materia. Neste caso, a califcación global en dita edición será de SUSPENSO (0.0). |