Nesta materia adquírense coñecementos básicos sobre as bases científicas da produción vexetal e algunhas das técnicas globais aplicadas a cultivos. Faise unha descrición xeral da historia da agricultura, así como dos conceptos de agricultura, fitotecnia e sistemas de cultivo. Posteriormente abórdase o tema da planificación e ordenación de cultivos, seguido do acondicionamento físico e químico do solo necesario para a implantación dos cultivos. A continuación abórdase o mantemento e protección dos cultivos e finalmente a recolleita