A modalidade de avaliación preferente é a Avaliación Continua. Aquel alumno que desexe a Avaliación Global (o 100% da cualificación á nota obtida no exame oficial) debe comunicarllo ao responsable de materia, por correo electrónico, nun prazo non superior a un mes desde o comezo da docencia da materia. 1) AVALIACIÓN CONTINUA Para a contabilización das notas de asistencia (10%), Boletíns de Seminarios (20%) e Memoria de Practicas de campo (30%), o alumno/a DEBE OBTER un mínimo de 5 puntos de 10 no exame oficial da materia. A asistencia ás prácticas de campo é obrigatoria: 7 tardes de 16 a 20:00 h. Para poder ser avaliada, o alumno/a debe entregar unha Memoria de Practicas cos contidos mínimos esixidos. En caso contrario, a cualificación desa convocatoria será a nota (sobre 10) obtida no exame oficial. As cualificacións de asistencia (10%), boletíns de seminarios (20%) obtidas polos alumnos/as en avaliación continua gardaranse até a 2ª convocatoria do mesmo ano académico. A cualificación de Practicas de Campo (30%) do alumno, será válida para sucesivos anos académicos, podendo optar por non repetir as prácticas. 2) AVALIACIÓN GLOBAL A cualificación do alumno/a será a obtida nun exame global propio a realizar na data oficial fixada polo calendario. Este exame cualificarase sobre 10 puntos. A asistencia ás prácticas de campo é obrigatoria: 7 tardes de 16 a 20:00 h. Para poder ser avaliada, o alumno/a debe entregar unha Memoria de Practicas cos contidos mínimos esixidos. O alumno/a debe solicitar expresamente a súa adhesión a este tipo de avaliación, comunicándoo ao responsable da materia, por correo electrónico, nun prazo non superior a un mes desde o comezo da docencia da materia.” 3) CONVOCATORIA FIN DE CARREIRA Os alumnos/as que opten por examinarse en fin de carreira serán avaliados unicamente co exame que se cualificará sobre 10 puntos. Para poder presentarse á convocatoria Fin de Carreira, o alumno/a debe asistir e presentado unha Memoria de Practicas en anos anteriores. 4) AVALIACIÓN DE ALUMNOS QUE COMPATIBILICEN TRABALLO E ESTUDOS: Aqueles alumnos/as que acrediten ser traballadores en activo no período docente da materia, avaliásense pola entrega de Boletíns de Seminarios (20% da nota final) e Memoria de Practicas de campo (30% da nota final) e o EXAME FINAL (50% da nota final). A cualificación mínima para poder sumar as 3 notas será dun 3,5/10 no EXAME FINAL da materia. En caso contrario, a cualificación desa convocatoria será a nota (sobre 10) obtida no exame oficial. A asistencia ás prácticas de campo é obrigatoria: 7 tardes de 16 a 20:00 h. Para poder ser avaliada, o alumno/a debe entregar unha Memoria de Practicas cos contidos mínimos esixidos. O alumno/a debe acreditar ao profesor, por medio legalmente válido, a súa condición de traballador en activo no período de docencia da materia. A cualificación Boletíns de Seminarios (20% da nota final) e Memoria de Practicas de campo (30% da nota final) será válida para convocatorias sucesivas en caso de non superar a materia. DATAS DE EXAMES OFICIAIS Os exames realizaranse sempre de forma presencial, salvo que a Universidade de Vigo decida o contrario. As datas de exame son as aprobadas pola Xunta de Facultade de Ciencias de Ourense (en caso de erro na transcrición das datas de exames, as válidas son as aprobadas oficialmente e publicadas no taboleiro de anuncios e a web do Centro. FIN DE CARREIRA: 28/09/2023 AS 16:00 h 1º EDICION: 08/11/2023 AS 16:00 h 2ª EDICION: 04/07/2024 AS 16:00 h |