A modalidade de evaluación preferente e a Evaluación Continua. Aquel alumno/a que desexe a Evaluación Global (o 100% da calificación no exame oficial) debe comunicarllo ao responsable da materia, por email (araujo@uvigo.gal) ou a través da plataforma Moovi, nun prazo non superior a un mes dende o comezo da docencia da materia. A evaluación das probas metodolóxicas servirá para
establecer a calificación final da materia, en primeira e segunda convocatoria. A nota final será a nota do exame máis a suma da
avaliación obtida nas diferentes probas (seminario, prácticas de campo e
traballo tutelado). A condición para que a avaliación destas distintas probas
se engada ao conxunto de avaliacións é conquerir, como mínimo, o 40% da súa
nota máxima. O alumno este suxeito a un comportamento responsable e
honesto. Considerarase inadmisible calquera forma de fraude (é dicir, copia e /
ou plaxio) dirixida a falsificar o nivel de coñecemento ou destreza acadado
polos estudantes en calquera tipo de proba, informe ou traballo deseñado para
este propósito. Esta conduta fraudulenta será sancionada coa firmeza e rigor establecidos
pola normativa vixente. Os estudantes con obrigacións laborais, coincidindo co
horario presencial e unha vez xustificados, terán que asistir a titorías de
adaptación do traballo e a temporalización ás devanditas obrigas. Exames: - Fin de Grao: 30 de setembro de 2022 ás 10:00 horas - 1ª Edición: 26 de xaneiro de 2023 ás 16:00 horas. - 2ª Edición: 17 de xullo de 2023 ás 10:00 horas En caso de erro na transcrición das datas do exame, as
válidas serán as aprobadas e publicadas oficialmente no taboleiro de anuncios e
na páxina web do Centro. Convocatoria de Fin de Grao: a avaliación
consistirá só nun exame que valerá o 100% da nota. Convocatoria de Xullo
(2ª Edición): a avaliación terá os mesmos criterios que os considerados na convocatoria
ordinaria (1ª Edición). O estudante poderá engadir probas do traballo de
seminarios e prácticas que non foron correctas na primeira chamada explicando a
sua realización. |