Guia docente 2021_22
Facultad de Ciencias Sociales y de la Comunicación
Grao en Comunicación Audiovisual
 Materias
  Guión audiovisual
   Plan de Continxencias
 
Descrición
=== MEDIDAS EXCEPCIONAIS PLANIFICADAS ===

Ante a incerta e imprevisible evolución da alerta sanitaria provocada pola COVID- 19, a Universidade establece una planificación extraordinaria que se activará no momento en que as administracións e a propia institución o determinen atendendo a criterios de seguridade, saúde e responsabilidade, e garantindo a docencia nun escenario non totalmente presencial. Estas medidas xa planificadas garanten, no momento que sexa preceptivo, o desenvolvemento da docencia dun xeito mais áxil e eficaz ao ser coñecido de antemán (ou cunha ampla antelación) polo alumnado e o profesorado a través da ferramenta normalizada e institucionalizada das guías docentes DOCNET.

=== ADAPTACIÓN DAS METODOLOXÍAS ===

Non se contemplan modificacións nas metodoloxías docentes coa única salvedade e que os contidos teóricos poderán ser impartidos de xeito non presencial.

Os mecanismos non presenciais de atención ao alumnado (titorías) serán o despacho virtual do campus remoto no horario indicado e o correo electrónico.

=== ADAPTACIÓN DA AVALIACIÓN ===

PRÁCTICAS e PROXECTOS: sen modificación.

EXAME DE PREGUNTAS DE DESENVOLVEMENTO: no caso de non poder ser realizado de forma presencial, poderá ser realizado de xeito non presencial —de contar coas adecuadas medidas técnicas e de seguridade— ou poderá ser substituído pola elaboración por parte do alumno dun traballo de investigación co mesmo peso na nota final. Este traballo partirá dun caso de estudo proposto polo docente ao redor dos contidos teóricos da materia. Ademais da bibliografía básica e dos apuntamentos de clase, poderase facilitar unha bibliografía complementaria para a súa realización. Do mesmo xeito que no caso do exame, será imprescindible aprobar este traballo de investigación para superar a materia.
Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000