Guia docente 2021_22
Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte
Grao en Educación Primaria
 Materias
  Aprendizaxe e desenvolvemento da motricidade na educación primaria
   Plan de Continxencias
 
Descrición
=== MEDIDAS EXCEPCIONAIS PLANIFICADAS ===
Ante a incerta e imprevisíbel evolución da alerta sanitaria provocada pola COVID- 19, a Universidade estabelece unha planificación extraordinaria que se activará no momento en que as administracións e a propia institución o determinen atendendo a criterios de seguridade, saúde e responsabilidade, garantindo a docencia nun escenario non presencial ou non totalmente presencial. Estas medidas garanten, no momento que sexa preceptivo, o desenvolvemento da docencia dun xeito mais áxil e eficaz a través da ferramenta normalizada e institucionalizada das guías docentes DOCNET.
=== ADAPTACIÓN DAS METODOLOXÍAS ===
A) Metodoloxías docentes que se modifican
Realizaranse as mesmas metodoloxías docentes que as contempladas nunha situación sen alerta pero adaptándoas a unha modalidade online. A tal fin empregarase o Campus Remoto e outras ferramentas como Zoom, ademais de Faitic (e aquelas outras que poidan ser empregadas dacordo co alumnado e o profesorado).
Polo tanto as metodoloxías serán:
- Lección maxistral. Realizarase a través do Campus Remoto. Terán como soporte para o seu seguimento documentación e material didáctico dispoñíbel en Claroline.
- Traballo tutelado. O alumnado traballará en grupo mediante ferramentas como google drive ou dropbox. En caso de imposibilidade de acceso a estes recursos, o traballo poderá ser individual. A entrega será online mediante plataforma de teledocencia (Claroline). Desenvolvemento de xuntanzas de titoría virtuais cos grupos de traballo nos medios a disposición no campus remoto (despacho virtual, sala de xuntas).

- Prácticas de laboratorio. Realizaranse online a través de Zoom e o Campus Remoto da Uvigo. Algunhas poderán ser enviadas en forma de tarefa que o alumnado terá que realizar de xeito autónomo. As tarefas estarán orientadas ao deseño de /tarefas/sesións/xogos/proxectos educativos dirixidos ao Desenvolvemento dos contidos da Motricidade.
B) Mecanismo non presencial de atención ao alumnado (titorías)
As titorías desenvolveranse a través do campus remoto.
Rocío Carballo Afonso -Sala 396
https://campusremotouvigo.gal/access/public/meeting/663555700

*Como alternativa, só cando sexa necesario, realizaranse por skype ou correo electrónico (rociocarballo@uvigo.es).

O protocolo de titoría virtual no Campus Remoto establece a obriga de concertar cita previa mediante correo electrónico no enderezo rociocarballo@uvigo.es
C) Outras modificacións
No caso da semipresencialidade as metodoloxías poderán realizarse nun contexto presencial pero modificando as prácticas motrices de tal xeito que se respecte a distancia interpersoal e o esforzo físico sexa moi moderado. As prácticas pasarán a ser exemplificacións dalgúns alumnos/as (que rotarán na participación) e o resto do alumnado analizará esas prácticas.

=== ADAPTACIÓN DA AVALIACIÓN ===
* Probas pendentes que se manteñen
- Proba: Exame da materia [Peso anterior 50%] [Peso Proposto 50%]
- Proba: Traballo. Presentación escrita ou virtual dunha contigo da motricidades. [Peso anterior 20%] [Peso Proposto 50%]
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000