Guia docente 2020_21
Facultade de Ciencias Xurídicas e do Traballo
Grao en Relacións Laborais e Recursos Humanos
 Materias
  Economía: Principios de economía
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Resolución de problemas Faranse exercicios e/ou controis periódicos de avaliación. 40 A2
A4
A5
B1
B2
B3
B5
C23
D1
Exame de preguntas obxectivas Exame final. Proba tipo test e/ou proba de resposta curta. 60 A2
A4
A5
B1
B2
B3
B5
C23
D1
 
Outros comentarios sobre a Avaliación
A nota final da materia constará de dous bloques. Por unha banda, o exame final que valerá ata un 60% da nota (6 puntos) e
por outra banda, a avaliación continua que pesará ata un 40% na nota final (4 puntos). A evaluación continua poderá incluir a entrega de follas de exercicios, así como a nota dos controis que periódicamente se poidan facer. Na convocatoria de xullo mantense a nota da avaliación continua, polo que ese exame valerá un máximo de 6 puntos.

As datas e horarios das probas de avaliación das diferentes convocatorias son as especificadas no calendario de probas de avaliación aprobado pola Xunta de Facultade para o curso 2020-21.

NOTA IMPORTANTE
Os alumnos que non poidan realizar a avaliación continua, poderán realizar na data oficial establecida no
calendario de exames, un exame polo 100% da nota. No devandito exame avaliaranse as competencias globais da materia.
Este exame será distinto ao que realizarán os alumnos que participen na avaliación continua. Para que un alumno poida
acollerse a esta segunda modalidade (exame final polo 100% da nota) será necesario que o comuniquen aos profesores
responsables da materia antes do 19 de outubro de 2020, e sexan autorizados por éstes. Noutro caso considerarase que se acollen ao sistema de avaliación continua.
Convocatoria Fin de Carreira Os alumnos matriculados na convocatoria fin de carreira realizarán, na data
oficial establecida no calendario de exames, un exame polo 100% da nota. No devandito exame avaliarase ao alumno dos
contidos da guía docente do curso académico anterior.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000