=== MEDIDAS EXCEPCIONAIS PLANIFICADAS ===
Ante a incerta e imprevisible evolución da alerta sanitaria provocada pola COVID- 19, a Universidade establece una planificación extraordinaria que se activará no momento en que as administracións e a propia institución o determinen atendendo a criterios de seguridade, saúde e responsabilidade, e garantindo a docencia nun escenario non presencial ou non totalmente presencial. Estas medidas xa planificadas garanten, no momento que sexa preceptivo, o desenvolvemento da docencia dun xeito mais áxil e eficaz ao ser coñecido de antemán (ou cunha ampla antelación) polo alumnado e o profesorado a través da ferramenta normalizada e institucionalizada das guías docentes DOCNET.
PLANS DE CONTINXENCIA:
Metodoloxía docente
Se por mor dunha posible situación de emerxencia sanitaria, se tivese que recorrer ás modalidades de docencia mixta e non presencial, o alumnado poderá acceder á documentación e tarefas na plataforma FaiTic de igual xeito ca na presencial. Os docentes empregarán os medios dispostos pola universidade para poder levar a cabo a docencia online nestes supostos, mediante videoconferencias e outros recursos que axuden ao alumnado a adquirir as competencias asociadas a esta materia. Reforzarase o uso do Foro en FaiTic para facilitar o intercambio de coñecementos e resolución de dúbidas entre o alumnado.
Avaliación
- Na modalidade non presencial, os criterios de cualificación e instrumentos de avaliación serán os mesmos cos da modalidade presencial, agás no relativo á Presentación Oral. Esta será valorada tan solo coa presentación audiovisual, eliminando a exposición oral. Neste caso, a presentación deberá incluír o conxunto da Programación e non soamente a Unidade Didáctica.
En canto á avaliación do alumnado que non superase a avaliación continua, a Presentación Oral e a Proba Obxectiva serán levadas a cabo por videoconferencia (incluíndo a exposición oral).
- Na modalidade mixta, a avaliación levarase a cabo co idéntico procedemento ao escenario da modalidade presencial
|