Guia docente 2024_25
Facultad de Biología
Máster Universitario en Profesorado en Educación Secundaria Obrigatoria, Bacharelato, Formación Profesional e Ensino de Idiomas. Especialidade: Formación Profesional. Formación e Orientación Laboral
 Materias
  Formación e Orientación Laboral
   Plan de Continxencias
 
Descrición
=== MEDIDAS EXCEPCIONAIS PLANIFICADAS ===
Ante a incerta e imprevisible evolución da alerta sanitaria provocada pola COVID- 19, a Universidade establece una planificación extraordinaria que se activará no momento en que as administracións e a propia institución o determinen atendendo a criterios de seguridade, saúde e responsabilidade, e garantindo a docencia nun escenario non presencial ou non totalmente presencial. Estas medidas xa planificadas garanten, no momento que sexa preceptivo, o desenvolvemento da docencia dun xeito mais áxil e eficaz ao ser coñecido de antemán (ou cunha ampla antelación) polo alumnado e o profesorado a través da ferramenta normalizada e institucionalizada das guías docentes DOCNET.

PLANS DE CONTINXENCIA:

Metodoloxía docente
Se por mor dunha posible situación de emerxencia sanitaria, se tivese que recorrer ás
modalidades de docencia mixta e non presencial, o alumnado poderá acceder á
documentación e tarefas na plataforma Moovi de igual xeito ca na presencial. Os docentes empregarán os medios dispostos pola universidade para poder levar a cabo a docencia online nestes supostos (campus remoto). Reforzarase o uso do Foro en Moovi para facilitar o intercambio de coñecementos e resolución de dúbidas entre o alumnado.

Avaliación:
Na modalidade non presencial (á que se tivese que recorrer en caso de emerxencia sanitaria), a presentación oral será valorada de igual xeito, pero a exposición realizarase a través do campus remoto.
Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000