Guia docente 2020_21
Facultade de Bioloxía
Máster Universitario en Profesorado en Educación Secundaria Obrigatoria, Bacharelato, Formación Profesional e Ensino de Idiomas. Especialidade (Vigo): Ciencias Experimentais. Matemáticas e Tecnoloxía
 Materias
  Organización da Aula-Obradoiro de Tecnoloxía
   Plan de Continxencias
 
Descrición
=== MEDIDAS EXCEPCIONAIS PLANIFICADAS ===
Ante a incerta e imprevisible evolución da alerta sanitaria provocada pola COVID- 19, a Universidade establece una planificación extraordinaria que se activará no momento en que as administracións e a propia institución o determinen atendendo a criterios de seguridade, saúde e responsabilidade, e garantindo a docencia nun escenario non presencial ou non totalmente presencial. Estas medidas xa planificadas garanten, no momento que sexa preceptivo, o desenvolvemento da docencia dun xeito mais áxil e eficaz ao ser coñecido de antemán (ou cunha ampla antelación) polo alumnado e o profesorado a través da ferramenta normalizada e institucionalizada das guías docentes DOCNET.

=== ADAPTACIÓN DAS METODOLOXÍAS ===
* Metodoloxías docentes que se manteñen
En caso de docencia mixta ou non presencial a actividade docente impartirase mediante Campus Remoto, asemade do uso da plataforma de teledocencia Faitic, e sen perxuízo doutras medidas que se poidan adoptar para garantir a accesibilidade do alumnado aos contidos docentes.
Así, as metodoloxías de lección maxistral e presentacións, así como traballo de curso e titorías personalizadas continuaríanse virtualmente mediante Faitic e/ou Campus Remoto.

* Metodoloxías docentes que se modifican
Se as prácticas de laboratorio non puidesen realizarse in situ, buscaríanse as alternativas máis axeitadas posibles, có apoio de Faitic, Campus Remoto e/ou outras ferramentas disponibles en internet (tipo laboratorios virtuáis, etc.).
As presentacións dos proxectos/traballos tamén artellaríanse de xeito telemático, preferentemente mediante Campus Remoto, ou ferramentas TIC alternativas que conviñese adoitar chegado o caso.

* Mecanismo non presencial de atención ao alumnado (titorías)
Mediante cita previa e con medios online disponibles: Faitic, Campus Remoto e/ou outras ferramentas disponibles en internet (tipo Zoom, Skype, etc.).

* Modificacións (se proceder) dos contidos a impartir
Non procede modificar os contidos, agás por indicacións expresas de autoridades universitarias e/ou sanitarias chegado o caso. Sempre buscaríase a solución máis axeitada e adaptada ás circunstancias de cada momento.

* Bibliografía adicional para facilitar a auto-aprendizaxe
En Faitic sempre se indican os materiais necesarios para un axeitado acceso aos contidos da materia en cada curso.
En caso necesario e chegado o momento, reforzaríanse coa recomendación de libros electrónicos, webs e/ou outros materiáis de apoio accesibles electrónicamente a través de Faitic.

* Outras modificacións
A día de hoxe non se prevén outras modificacións, pero de ser o caso estudaríanse todas aquelas necesarias adicionáis que fose convinte engadir.

=== ADAPTACIÓN DA AVALIACIÓN ===
* Probas xa realizadas
Para as probas xa realizadas, manteríanse os pesos porcentuáis anteriores, agás indicación expresa de modificación por parte de autoridades universitarias.

* Probas pendentes que se manteñen
Proba traballo: [Peso anterior 30%] [Peso Proposto 35%]
Proba presentación: [Peso anterior 10%] [Peso Proposto 15%]
Proba resolución de problemas e/ou exercicios: [Peso anterior 5%] [Peso Proposto 10%]
Proba autoavaliación: [Peso anterior 5%] [Peso Proposto 5%]

* Probas que se modifican
[Proba prácticas de laboratorio] => [Proba entrega de cuestións e/ou proxecto, prácticas virtuáis equivalentes, etc.] [Peso anterior 50%] [Peso Proposto 35%]
A posible realización telemática de prácticas alternativas contaría có apoio de Faitic, Campus Remoto e/ou aquelas ferramentas ou elementos que mellor conviñese usar, adaptándose ás circunstancias do momento.

* Novas probas
Agora mesmo non se prevén pero, chegado o caso, habilitaríanse novas probas de ser convintes para o bo transcurso da materia, en beneficio do alumnado e tendo en conta as circunstancias particulares de accesibilidade remota que presenten.

* Información adicional
A través de Faitic actualizaríanse do xeito máis áxil posible todas a información e/ou modificacións que en cada momento resultasen pertinentes.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000