Guia docente 2020_21
Centro Universitario da Defensa na Escola Naval Militar de Marín (Pontevedra)
Master Universitario en Dirección TIC para a defensa
 Materias
  Xestión de servizos e calidade do servizo
   Plan de Continxencias
 
Descrición
=== MEDIDAS EXCEPCIONAIS PLANIFICADAS ===
Ante a incerta e imprevisible evolución da alerta sanitaria provocada polo COVID-19, a Universidade de Vigo establece unha planificación extraordinaria que se activará no momento en que as administracións e a propia institución determíneno atendendo a criterios de seguridade, saúde e responsabilidade, e garantindo a docencia nun escenario non presencial ou parcialmente presencial. Estas medidas xa planificadas garanten, no momento que sexa preceptivo, o desenvolvemento da docencia dun modo máis áxil e eficaz ao ser coñecido de antemán (ou cunha ampla antelación) polo alumnado e o profesorado a través da ferramenta normalizada e institucionalizada das guías docentes.

=== ADAPTACIÓN DAS METODOLOXÍAS ===

* Metodoloxías docentes que se modifican ou adaptan

As leccións maxistrais, a presentación de traballos no aula, a proba escrita de avaliación e o estudo de casos, mantéñense, pero de ser necesario adaptaríanse para poder desenvolverse en modalidade a distancia utilizando ferramentas telemáticas tales como a videoconferencia ou as ofrecidas polo campus virtual.

O resto de metodoloxías mantéñense sen cambios, pois xa se desenvolven normalmente en modalidade a distancia.

* Mecanismo non presencial de atención ao alumnado (titorías): desenvolveranse usando os mesmos medios telemáticos empregados na fase a distancia (por exemplo: correo electrónico, foros de consulta, titorías virtuais por videoconferencia, etc.)

* Modificacións (se proceden) dos contidos a impartir: non proceden

* Bibliografía adicional para facilitar a auto-aprendizaxe: non se considera necesario incluír bibliografía adicional.

* Outras modificacións: non se consideran necesarias.

=== ADAPTACIÓN DA AVALIACIÓN ===

A participación en foros de discusión mantense sen cambios, mentres que as presentacións ou a proba escrita adaptaranse para poder desenvolverse en modalidade a distancia utilizando ferramentas telemáticas tales como a videoconferencia ou as ofrecidas polo campus virtual.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000