Guia docente 2020_21
Facultad de CC. Sociales y de la Comunicación
Grao en Publicidade e Relacións Públicas
 Materias
  Empresa: Fundamentos de mercadotecnia
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Resolución de problemas Desenvolvemento de exercicios, test de repaso, visualización de videos na clase. Valorarase a asistencia, a participación e as presentacións en público realizadas. 5 A2
A3
B2
B3
C10
D1
D2
D3
D4
Resolución de problemas de forma autónoma Probas que se poñen en marcha nas clases prácticas e serán desenvolvidas de xeito autónomo polo alumno fora da aula. Nelas debe solucionar unha serie de exercicios no tempo e condicións establecidas polo profesor. A puntuación total de este epígrafe repartírase entre a asistencia a clase e a entrega de cada un dos exercicios que se planteen. Estos exercicios deberán subirse a FAITIC e o prazo de entrega será o determinado polo profesor.
A asistencia aos seminarios é obrigatoria polo que para poder obter a puntuación do trabajo un alumno debe asistir como mínimo ao 80% das sesións.
5 A3
B3
C10
C14
D1
D2
D3
D4
Traballo tutelado O traballo será en grupo e consistirá no desenvolvemento dun proyecto que se concretará en 5 tarefas relativas a un plan de marketing dunha empresa/produto/sector proposto polo profesor.
A nota que obteña cada alumno nesta parte será a do traballo grupal pero poderá ser modificada según a participación individual tanto no traballo coma nos seminarios.
A conformación dos grupos e a empresa/producto serán determinados na primeira sesión de seminario (según calendario oficial) baixo a supervisión do docente.
Aqueles alumnos que non acudan á primeira sesión de seminario, terán de prazo ata a segunda sesión para unirse a un grupo, sempre previa aceptación por parte do docente.
Os alumnos que, chegada esta segunda sesión, non esteñan incluidos en ningún grupo non terán derecho a realizar o traballo, non contemplándose neste caso ningunha actividade compensatoria.
A asistencia aos seminarios é obrigatoria polo que para poder obter a puntuación do trabajo un alumno debe asistir como mínimo ao 80% das sesións.
20 A3
B3
C10
C14
D1
D2
D3
D4
Exame de preguntas obxectivas Trátase dunha proba (70%) ou dúas (35% cada unha) orientadas á aplicación dos conceptos desenvolvidos na asignatura. É necesario alcanzar un aprobado entre ambas probas (3,5 puntos sobre 7 puntos) para sumar a puntuación obtida no resto das metodoloxías avaliativas. 70 A3
B3
C10
C14
 
Outros comentarios sobre a Avaliación
A información sobre as actividades avaliativas está dispoñible no espazo da asignatura en Faitic, baixo a etiqueta "Avaliación".

Esta materia impártese en réxime PRESENCIAL polo que os alumnos deben asistir ás sesións teóricas e prácticas no horario establecido polo centro. Isto supón que o único sistema de avaliación é o contemplado nesta guía.

O sistema de avaliación da materia apóiase en dous elementos:

a) Superación da parte práctica, coa realización das actividades programadas, a asistencia a clases e a participación en as mesmas. A calificación será de máximo 3 puntos sobre 10 e non poderá ser mellorada para a convocatoria de xullo xa que provén do traballo desenvolvido durante o curso.

b) Superación da parte teórica, mediante un ou varios exames de preguntas obxectivas. A puntuación máxima será de 7 puntos sobre 10.

Os alumnos a os que lles resulte imposible asistir a as clases prácticas deberán poñerse en contacto coa profesora durante a primeira quincena de curso.

NOTA: Para aprobar a asignatura é necesario obter polo menos unha cualificación de 3,5 puntos no conxunto de exames da parte teórica. No caso de non superar esta cualificación non se sumará a o exame as ponderacións das demáis metodoloxias avaliativas.
 
CONVOCATORIA DE XULLO/EXTRAORDINARIA.


1. A forma de avaliación na segunda edición das actas (convocatoria de xullo) é a mesma que na primeira. Así a cualificación da parte práctica conservarase en todas as convocatorias dese mesmo curso.

2. Si a materia non é superada no curso académico desta guía, o alumno deberá cursarla novamente adaptándose á guía docente que estea vixente no curso académico en cuestión e, polo tanto, non conservará ningunha das cualificacións obtidas no presente curso.
Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000