As institucións públicas modernas conforman un entramado complexo, amplo e diverso de organizacións, redes de políticas e de proxectos, todas elas destinadas a cumplir o fin último que as lexitima: axudar a soster o conxunto do sistema democrático.
Para elo, e de maneira intensa nas últimas tres décadas, os directivos públicos e os seus equipos, viñeron desenvolvendo marcos de xestión que se adapten á realidade das crecentes demandas de servizos públicos, que os cidadáns reclaman no noso Estado do Benestar.
Este argumento sitúanos no centro da materia, que non é outro, que comprender os conceptos, elementos, técnicas, modelos políticos, institucionais e instrumentais da xestión pública e a organización dos servizos públicos, nos diferentes niveis de goberno e administración.