Guia docente 2020_21
Facultade de Belas Artes
Grao en Belas Artes
 Materias
  Produción artística: Imaxe II
   Plan de Continxencias
 
Descrición
=== MEDIDAS EXCEPCIONAIS PLANIFICADAS ===
Ante a incerta e imprevisible evolución da alerta sanitaria provocada pola COVID- 19, a Universidade establece una planificación extraordinaria que se activará no momento en que as administracións e a propia institución o determinen atendendo a criterios de seguridade, saúde e responsabilidade, e garantindo a docencia nun escenario non presencial ou non totalmente presencial. Estas medidas xa planificadas garanten, no momento que sexa preceptivo, o desenvolvemento da docencia dun xeito mais áxil e eficaz ao ser coñecido de antemán (ou cunha ampla antelación) polo alumnado e o profesorado a través da ferramenta normalizada e institucionalizada das guías docentes DOCNET.


=== ADAPTACIÓN DAS METODOLOXÍAS ===
Metodoloxías docentes que se manteñen

Lección maxistral: Mantense esta modalidade, adecuandoa a unha situación de semipresencialidade ou non-presencialidade. En troques de impartirse directamente na aula, as lección maxistráis realizaranse mediante sistemas telemáticos, coma as aulas vistuáis dispoñibles tanto para o profesorado coma para o alumnado, permitindo tamen a interacción destes últimos, e a discusión directa sobre os temas presentados.
Complementarase con contidos teóricos gravados con anterioridade (a modo de ted-talks), nos que se convine a impartición teórica coa demostración de prodecementos prácticos. En troques de permitir a observación directa dos traballos realizados por alumnos de cursos anteriores, ofrecerase un repositorio visual a través da plataforma Faitic, que permita a observación de contidos idénticos ou semellantes.

Aprendizaxe baseado en proxectos: Seguirase a desenvolver o proxecto, pero cunha presentación por parte do alumno, a un seguimento (tanto do profesor coma do resto de compañeiros), por medio de entregas seriadas, por medio da plataforma Faitic. A entrega realizarase de xeito proxectual intentando imitar por medio de técnicas plásticas os resultados das técnicas gráficas que se terían realizar no obradoiro de gravado, e deseñando as pezas pensando na adecuación ás diferentes técnicas gráficas propostas.

Prácticas de laboratorio: os descriptores previstos seguen sendo vixentes incluso nunha situación de semipresencialidade e non-presencialidade. Nembargantes, a actividade no obradoiro de gravado veriase substituida polo traballo do propio alumno no seu domicilio, e adecuando ás técnicas gráficas empregadas a aquelas que poida desenvolver sen perigo fora do espacio do taller.

Metodoloxías docentes que se modifican:

Seminario: En caso de que se reducise a mobilidade coma resultado dunha alerta sanitaria, non sería posible recibir a visita dun especialista invitado, así como tampouco garantir a asistencia do alumnado ao espazo de traballo. En troques, substituiríase esta actividade por medio de material didactico (videos demostrativos, entrevistas, exposicións virtuáis, e bibliografía complementaria —segundo o tema específico do seminario a substituir—) dispoñible na sección de recursos no espazo virtual da materia en Faitic.

Saídas de estudo: aplíacaranse ós mesmos criterios que nos seminarios docentes.

Mecanismo non presencial de atención ao alumnado (titorías)
As titorías seguiríanse prestando nos horarios previstos, salvo problemas de conciliación de alumnado e profesorado, tentando adaptarse sempre a cada caso individual. Ditas titorías Terán lugar preferiblemente por medios telemáticos de video e imaxe —videconferencias na aula virtual (ou plataforma similar: Skype, Google Hangouts, FaceTime, Zoom, etc)— ou, no caso de que non fose posible, por teléfono ou correo electrónico.

Modificacións (se proceder) dos contidos a impartir

Os contidos, a nivel curricular, non cambian nunha situación de semipresencialidade ou non-presencialidade, pero sí que se obrigaría á transformación completa dos mecanismos de impartición e avaliación. A asignatura de Producción artística: Imaxe II ten un carácter eminentemente práctico, ligado ao ‘obradoiro de Gravado’ (sito no soto da Facultade de Belas Artes) onde se imparte habitualmente a materia. A non dispoñibilidade dos recursos técnicos deste espazo significaría que os contidos prácticos (tanto a impartición das diferentes técnicas gráficas que se ensinan na materia, como a realización dos propios proxectos por parte do alumnado) terían que comunicrse dun xeito non directo, por medio de videos demostrativos e titoriais online —por parte do profesorado— e de traballo no sea domicilio ou taller —por parte do alumnado.

A impartición das clases sobre software de maquetación (principalmente, Indesign), estaría sempre supeditada ás posibilidades informáticas do alumnado e sempre dependendo da preparación prevista polas autoridades doc entro e as instancias pertinentes dentro da Universidade de Vigo.


Bibliografía adicional para facilitar a auto-aprendizaxe

Porase a disposición do alumnado bibliografía específica de diferentes temas recurrentes na elaboración dos proxectos artísticos, en carpetas temáticas dispoñibles na plataforma de Faitic:
> Documentos temáticos: https://cursos.faitic.uvigo.es/tema1920/claroline/document/document.php?cmd=exChDir&file=%2FDOCUMENTOS_TEM%C1TICOS
> Clases_recursos: https://cursos.faitic.uvigo.es/tema1920/claroline/document/document.php?cmd=exChDir&file=%2FCLASES_RECURSOS




=== ADAPTACIÓN DA AVALIACIÓN ===
Probas xa realizadas
Proba XX: [Peso anterior 00%] [Peso Proposto 00%]
Lección maxistral [8%] [10%]
Aprendizaxe baseado en proxectos [80%] [80%]
Prácticas de laboratorio [10%] [10%]

Probas pendentes que se manteñen
Proba XX: [Peso anterior 00%] [Peso Proposto 00%]
Lección maxistral [8%] [10%]
Aprendizaxe baseado en proxectos [80%] [80%]
Prácticas de laboratorio [10%] [10%]

Probas que se modifican:
Os seminarios e saídas de estudio sustitúense por complementos no material didactivo e pasarían a ser probas non evaluables.

Información adicional:
En caso de non-presencialidade, o traballo gráfico a realizar no obradoiro de gravado substituirase por un traballo artístico con carácter proxectual, potencialmente gráfico (isto é, que fose posible realizar mediante técnicas gráficas), no que ademáis dos aspectos xa refereidos no apartado Xeral de metodoloxía desta guía docente, se terá expecialmente en conta á adecuación entre as imaxes artísticas propostas e as técnicas indicadas para a sua materialización no obradoiro.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000