OUTROS COMENTARIOS: Para superar a materia, será preciso aprobar cada unha das partes da mesma, de forma independente. De non ser así, só se gardará a cualificación das partes superadas, ata a 2ª convocatoria, do presente curso académico. AVALIACIÓN NON PRESENCIAL DOS SEMINARIOS (40% puntuación, do total da materia): As/os alumnas/os que teñan unha asistencia aos seminarios inferior ó 90%, deberán realizar unha proba tipo test, con varias opcións de resposta, sendo só unha delas certa. A fórmula que se utilizará para obter a puntuación neste apartado será: (A-E), sendo A acertos e E erros. As preguntas en branco non restarán puntuación. Dita proba versará sobre os contidos impartidos nos seminarios. Nesta proba será preciso acadar un 60% da puntuación total deste apartado,(60% da puntuación total máxima posible= 5 puntos sobre 10). Será preciso ter aprobada a parte de seminarios, para poder superar a materia. 2ª EDICIÓN ORDINARIA: O alumnado que teña suspensa/s algunha das partes da avaliación citadas, na súa 1ª edición, deberá presentarse nesta 2ª edición a parte que teña pendente segundo sexa alumnado presencial ou non presencial no relativo a parte de seminarios. As condicións de avaliación son as mesmas que na 1ª edición. CONVOCATORIA DE FIN DE CARREIRA: O alumnado que se presente a esta convocatoria, deberá superar un exame de preguntas obxectivas (proba tipo test), con varias opcións de resposta, sendo só unha delas certa. A puntuación desta proba suporá o 100% do total da materia. Neste exame avaliaranse os contidos: teóricos expostos nas clases maxistrais, nos seminarios, e nos traballos propostos e expostos na clase polo alumnado, en relación aos contidos propios da materia. A fórmula que se utilizará para obter a puntuación neste apartado será: (A-E), (A) acertos - (E) erros. As preguntas en branco, non restan puntuación. Para superar o exame, será preciso acadar o 60% da puntuación total máxima posible: (60% da puntuación total máxima posible= 5 puntos sobre 10).
Datas
de exames desta materia As datas serán as que figuran aprobadas e publicadas na web e taboleiros da Escola. |