Guia docente 2020_21
E. U. de Enfermaría (Ourense)
Grao en Enfermaría
 Materias
  Farmacoloxía e dietética
   Plan de Continxencias
 
Descrición
=== MEDIDAS EXCEPCIONAIS PLANIFICADAS ===
Ante a incerta e imprevisible evolución da alerta sanitaria provocada pola COVID- 19, a Universidade establece una planificación extraordinaria que se activará no momento en que as administracións e a propia institución o determinen atendendo a criterios de seguridade, saúde e responsabilidade, e garantindo a docencia nun escenario non presencial ou non totalmente presencial. Estas medidas xa planificadas garanten, no momento que sexa preceptivo, o desenvolvemento da docencia dun xeito mais áxil e eficaz ao ser coñecido de antemán (ou cunha ampla antelación) polo alumnado e o profesorado a través da ferramenta normalizada e institucionalizada das guías docentes DOCNET.

=== ADAPTACIÓN DAS METODOLOXÍAS ===
* Metodoloxías docentes que se modifican
A ferramenta principal de docencia non presencial será faitic, onde estarán os contidos teóricos da materia. Empregarase o Campus remoto para as clases teóricas non presenciais e para os seminarios. Os exames poderan ser escritos ou orales.

* Mecanismo non presencial de atención ao alumnado (titorías)
Para as tutorías será recomendable enviar previamente un correo electrónico a profesora responsable co tema a tratar e concertar una cita telemática.

=== ADAPTACIÓN DA AVALIACIÓN ===

1ª edición.
A avaliación dos seminarios suporá un 40% da nota da materia. Constará de dúas partes, que contarán cada unha co 20% da nota. Unha parte será o cálculo de dose e a asistencia telemática aos seminarios e a outra será un exame tipo test. É imprescindible superar cada unha das partes para facer media. Para facer media coa nota da parte teórica será imprescindible sacar 5 puntos sobre 10 en cada unha das partes.O suspenso dunha parte implica o suspenso na materia.
A asistencia aos seminarios é obrigatoria, aínda que se impartan de forma telemática, cando menos no 90% do total das horas asignadas, no caso contrario a/o alumna/o, pasará a ser avaliado segundo os criterios establecidos para "a modalidade non presencial".
A avaliación da parte teórica realizarase con preguntas tipo test. Suporá un 60% da nota. Cada tres preguntas falladas descontarase unha resposta correcta. Para facer media coa nota de seminarios será imprescindible sacar 5 puntos sobre 10. O suspenso dunha parte implica o suspenso da materia.

Modalidade "non presencial" de seminarios.
Se a/o alumna/o non pode asistir de forma telemática ao 90% das horas dos seminarios por causa suficientemente xustificada e documentada, o principio do cuadrimestre (nos primeiros 15 días) deberá comunicarllo ao coordinador da materia mediante a solicitude por escrito correspondente, do paso á "modalidade non presencial" (data límite 25 de setembro de 2020). No caso daqueles alumnos que por diferentes motivos, e sempre xustificados, aínda asistindo a algún seminario, non consigan a asistencia do 90% das horas dos seminarios, pasarán igualmente á modalidade "non presencial". A avaliación da modalidade non presencial consistirá na realización dunha proba tipo test en relación aos contidos dos seminarios. Dividiráse en dúas partes, cálculo de dose e o resto da materia impartida nos seminarios. E preciso superar cada unha das partes sendo necesario sacar un 5 sobre 10 en cada unha delas. Cada tres preguntas falladas descontará unha resposta correcta. A puntuación para ser apto nesta parte da materia será de 5 puntos sobre 10, e suporá un 40% da nota da materia. Será imprescindible superar esta parte para facer media coa nota da proba teórica. O suspenso dunha parte implica o suspenso na materia.

A avaliación da parte teórica realizarase con preguntas tipo test. Suporá un 60% da nota. Cada tres preguntas falladas descontarase unha resposta correcta. Para facer media coa nota de seminarios será imprescindible sacar 5 puntos sobre 10. O suspenso dunha parte implica o suspenso da materia.

2ª edición.
A/o alumna/o que non superou a proba tipo test na primeira edición, deberá realizar de novo unha proba tipo test cos mesmos criterios de avaliación que os descritos para a primeira edición.
Só se gardará a parte de seminarios até a segunda edición.
O alumno que non superou a avaliación continua ou a proba tipo test dos seminarios realizará unha proba escrita en relación aos contidos dos seminarios e suporá o 40% da nota. Dividiráse en dúas partes, cálculo de dose e o resto da materia impartida nos seminarios. E preciso superar cada unha das partes sendo necesario sacar un 5 sobre 10 en cada unha delas. Cada tres preguntas falladas descontará unha resposta correcta. A puntuación para ser apto nesta parte da materia será de 5 puntos sobre 10, e suporá un 40% da nota da materia. Será imprescindible superar esta parte para facer media coa nota da proba teórica. O suspenso dunha parte implica o suspenso na materia.


Convocatoria de fin de carreira.
Toda/o alumna/o que non teña superada a materia en anteriores convocatorias, poderá presentarse a esta convocatoria de fin de carreira. Nesta convocatoria o alumno deberá realizar a proba telemática tanto dos seminarios como da materia. Serán dous exames tipo test nos cales cada tres preguntas falladas descontarase unha resposta correcta. Deberá ter en cada un deles 5 puntos sobre 10 para facer media. Para o cómputo global, a nota de seminarios corresponderá o 40% da nota e a nota da parte teórica o 60% restante.

Outros comentarios.
Será imprescindible, que cada alumna/o matriculada/o na materia, sexa repetidor ou non, entregue a ficha de alumna/o nos primeiros 15 días do curso ao coordinador da materia, para poder realizar a avaliación continua da mesma (data límite, 25 de setembro de 2020). As datas oficiais de exame marcadas para esta materia nas edicións correspondentes, poderanse consultar na páxina web así como no taboleiro de anuncios do centro. Utilizarase a plataforma Faitic, da Universidade de Vigo, para manter comunicación académica-docente, co alumnado (temario, anuncios, cualificacións, etc) para o cal será necesario, que ao comezo do cuadrimestre, o alumnado revise individualmente, se está correctamente dado de alta na plataforma, para así poder utilizar este servizo.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000