Guia docente 2020_21
E. U. de Enfermaría (Ourense)
Grao en Enfermaría
 Materias
  Ética e lexislación
   Plan de Continxencias
 
Descrición
=== MEDIDAS EXCEPCIONAIS PLANIFICADAS ===
Ante a incerta e imprevisible evolución da alerta sanitaria provocada pola COVID-19, a Universidade establece unha planificación extraordinaria que se activará no momento en que as administracións e a propia institución determíneno atendendo a criterios de seguridade, saúde e responsabilidade, e garantindo a docencia nun escenario non presencial ou non totalmente presencial. Estas medidas xa planificadas garanten, no momento que sexa preceptivo, o desenvolvemento da docencia dunha maneira mais áxil e eficaz ao ser coñecido de antemán (ou cunha ampla antelación) polo alumnado e o profesorado a través da ferramenta normalizada e institucionalizada das guías docentes DOCNET.

=== ADAPTACIÓN DAS METODOLOXÍAS ===
- Metodoloxías docentes: O desenvolvemento docente trasládase da aula física á aula virtual, pero mantendo a metodoloxía docente.

- Mecanismo non presencial de atención ao alumnado (titorías): a través do despacho virtual, previa cita a través de email (nfarval@sergas.es).


Bibliografía: mantense as recomendacións bibliográficas


=== ADAPTACIÓN DA AVALIACIÓN ===
I. Cartafol/dossier:
Os temas de exposición en seminarios por parte do alumnado (Tema 8) terán que ser recollidos nun resumo/portafolio de elaboración individual e entrega inmediata á exposición na clase virtual, no apartado de Faitic correspondente.
Ao comezo do cuadrimestre daranse as indicacións oportunas para a súa elaboración.

A puntuación para ser apto neste apartado será de 5 ou máis puntos sobre 10.
É preciso superar esta parte, para poder superar a materia.

Esta avaliación suporá o 30% da puntuación total da materia.

II. Traballo:
O alumnado presenta o resultado obtido na elaboración dun traballo sobre a temática da materia de seminarios (tema 8), segundo os criterios que se indiquen ao comezo do curso oportunamente. O sorteo/reparto de subtemas do tema 8, levará a cabo a primeira semana de clases e posteriormente publicarase en Faitic. A exposición e defensa do mesmo será mediante aula virtual, nas datas previamente marcadas e publicadas en Faitic. Avaliarase individualmente, a cada un dos participantes do grupo de traballo, segundo a rúbrica publicada en Faitic para ese efecto. A puntuación para ser apto neste apartado será de 5.
(Poderación: 10% da cualificación global da materia)

III. Exame oral virtual, a través do campus remoto (aula virtual/despacho virtual)
O alumnado realizará un exame oral do contido da materia, dúas preguntas de desenvolvemento. Imprescindible superar cada unha das preguntas propostas para poder superar a materia. (Poderación: 60% da cualificación global da materia)

Imprescindible superar cada unha das tres partes para facer media.

2ª EDICIÓN ORDINARIA:
O alumnado que teña suspensa/s algunha das partes da avaliación citadas, na súa 1ª edición, deberá presentarse nesta 2ª edición a parte que teña pendente segundo sexa alumnado presencial ou non presencial no relativo a parte de seminarios.
As condicións de avaliación son as mesmas que na 1ª edición virtual.

CONVOCATORIA DE FIN DE CARREIRA VIRTUAL:
O alumnado que se presente a esta convocatoria, deberá superar un exame oral virtual, consistirá en dúas preguntas de desenvolvemento. Imprescindible superar con éxito o 50% dos contidos de cada unha das preguntas propostas.
Neste exame avaliaranse os contidos teóricos, expostos nas clases maxistrais, nos seminarios e nos traballos propostos e expostos na clase polo alumnado, en relación aos contidos propios da materia.

DATAS EXAME:
As datas serán as que figuran aprobadas e publicadas na web e taboleiros da Escola.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000