Guia docente 2020_21
E. U. de Enfermaría (Ourense)
Grao en Enfermaría
 Materias
  Introdución á enfermaría clínica
   Plan de Continxencias
 
Descrición
=== MEDIDAS EXCEPCIONAIS PLANIFICADAS ===
Ante a incerta e imprevisible evolución da alerta sanitaria provocada pola COVID-19, a Universidade establece una planificación extraordinaria que se activará no momento en que as administracións e a propia institución o determinen atendendo a criterios de seguridade, saúde e responsabilidade, e garantindo a docencia nun escenario non presencial ou non totalmente presencial. Estas medidas xa planificadas garanten, no momento que sexa preceptivo, o desenvolvemento da docencia dun xeito mais áxil e eficaz ao ser coñecido de antemán (ou cunha ampla antelación) polo alumnado e o profesorado a través da ferramenta normalizada e institucionalizada das guías docentes DOCNET.

=== ADAPTACIÓN DAS METODOLOXÍAS ===
* Metodoloxías docentes que se manteñen
Seminario/Obradoiro: Realizaranse a través do Campus Remoto (asistencia obrigatoria) ou telematicamente a través do Faitic.
Estudo de casos, análises diagnósticos, aprendizaxe baseada en problemasv (Faitic).
Actividades introdutorias: actividades encamiñadas a tomar contacto e a presentación da materia.
Lección maxistral: a través do Campus Remoto da UVigo ou telematicamente a través do Faitic.
Presentación: A/o estudante, de maneira individual/grupal elabora un documento sobre a temática da materia (.

* Mecanismo non presencial de atención ao alumnado (titorías)
A atención é por vía email. Faránse as titorías personalizadas de xeito virtual a través da aula virtual e baixo previa petición.

* Contidos: Non varían
* Bibliografía: Non varía

=== ADAPTACIÓN DA AVALIACIÓN ===
Mantense o mesmo deseño das probas utilizando as ferramentas non presenciais postas a disposición e as modalidades de exame final oral (aula virtual) ou escrito non presencial (ben a través cuestionarios, exercicios do Faitic e/ou ferramentas de avaliación soportados por Moodle, previo coñecemento do alumnado).

1. Proba tipo test de preguntas obxectivas: Farase de forma virtual a través da ferramenta de xestión da aprendizaxe Moodle. Preguntas tipo test con 3-4 alternativas de resposta e só una delas será a correcta. Será necesario obter o 60% de respostas correctas para aprobar (60% de acertos = 5 puntos). As preguntas non contestadas no restan puntuación. Para facer media co resto da avaliación haberá que ter polo menos 5 puntos sobre 10. Esta proba ten unha cualificación sobre o total da materia do 60%

2. Seminario (30%):
2.1. Resolución dun exercicio a través de Faitic/Moodle, relacionado cos seminarios, no que se demostrará o manexo da taxonomía NANDA- NOC- NIC. Esta proba ten unha cualificación sobre o total da materia do 10%.
2.2. Proba oral a través do Campus Remoto, sobre os procedementos enfermeiros traballados nos seminarios. Esta proba ten unha cualificación sobre o total da materia do 20%
Para facer media cos outros apartados da avaliación terá que obter polo menos 5 puntos sobre 10 en cada unha das probas de avaliación dos seminarios.

3. Presentación: traballos grupais realizados en liña. Devandito exercicio entregarase en tempo e forma na plataforma Tema no apartado de exercicios en formato PDF. Para facer media cos outros apartados da avaliación, terá que obter polo menos 5 puntos sobre 10. Esta proba ten unha cualificación sobre o total da materia do 10%.

Imprescindible superar cada unha destas partes para aprobar a materia.

2ª EDICIÓN ORDINARIA
As probas finais da segunda edición ordinaria serán "non presenciais" no caso de que persistan as medidas excepcionais.
Mantense o mesmo deseño das probas da primeira edición ordinaria adaptadas pola situación excepcional utilizando as ferramentas non presenciais postas a disposición e as modalidades de exame tipo test non presencial, exercicios en Faitic e ferramentas de avaliación soportados por Moodle, previo coñecemento do alumnado, recollidas no Manual de urxencia para a docencia e a avaliación debido ao Covid-19.

A avaliación farase da seguinte maneira:
- A/o alumna/o que non teña superada na 1ª edición ordinaria a parte da teoría, deberá facer un exame de preguntas tipo test do mesmo deseño da 1ª edición. Será necesario obter o 60% de respostas correctas para aprobar (60% de acertos = 5 puntos). As preguntas non contestadas no restan puntuación. Para facer media co resto da avaliación haberá que ter polo menos 5 puntos sobre 10. Esta proba ten unha cualificación sobre o total da materia do 60%
- A/o alumna/ou que non superase a avaliación dos seminarios, deberá facer a proba/s non superadas na 1ª edición ordinaria. O deseño das probas seró o mesmo da 1ª edición.
Para facer media co resto da avaliación haberá que ter polo menos 5 puntos sobre 10 na proba/s.Tamén se manterá a ponderación.
Presentación: Deberá ter presentado en tempo e forma o traballo na data sinalada no cuadrimestre na plataforma faitic no apartado de exercicios.

IMPRESCINDIBLE SUPERAR CADA PARTE PARA APROBAR A MATERIA
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000