Guia docente 2020_21
Escola de Enxeñaría Aeronáutica e do Espazo
Grao en Enxeñaría Aeroespacial
 Materias
  Aleacións e materiais compostos aeroespaciais
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Exame de preguntas obxectivas Proba escrita individual na que o alumno/a deberá responder a cuestións relativas á materia presentada na aula, demostrando comprensión dos conceptos básicos, capacidade de organización da información e de relacionar conceptos 40 A2
A3
C32
D4
D8
Resolución de problemas e/ou exercicios Resolución de diversos cuestionarios online a través da plataforma FAITIC, consistentes en preguntas tipo test coas que alumnado deberá amosar a súa capacidade de responder con rapidez, demostrando capacidade de toma de decisóns. 20 C32
C33
D5
D8
Presentación Proba na que o alumno/a ou un grupo de estudantes presenta os resultados do seu estudo dun caso concreto que foi formulado polo profesor. O resumo da análise realizada, busca de información, estudo etc. será presentado nun póster ou ferramenta informática. A información deberá estar ben estruturada, documentada e claramente exposta. A defensa do traballo realizaráse oralmente, diante do profesorado e dos compañeiros/as, demostrando o coñecemento adquirido e a súa capacidade de comunicación. Deberán responder ás preguntas formuladas. 30 A2
A3
A5
D4
D5
D8
D11
D13
Cartafol/dossier No cartafol do estudante recolleránse os resumos ou cuestións relativas ás prácticas de laboratorio realizadas, así como das visitas de estudo as empresas seleccionadas. Valorarase a calidade da información, claridade de exposición e axuste a normativa, de selo caso 10 A3
A5
C32
C33
D5
D8
D11
D13
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

A avaliación completa dos coñecementos e habilidades desenvolvidos polo estudantado realizaráse a través de probas de Avaliación contínua e un exame final escrito.

- Avaliación contínua: suporá un 60% da cualificación total e constará de actividades que se desenvolverán ao longo de todo o cuadrimestre (Cuestionarios on-line: 20%; Traballo individual ou de grupo: 30%; Cartafol/ dosisier: 10%)

- O exame escrito (40%)  consta de preguntas obxectivas, preguntas curtas, e cuestións tipo test. Realizaráse nas datas fixadas no
calendario de probas de avaliación aprobado oficialmente pola Xunta de Centro
da EEAE . Atópase publicado na páxina web
http://aero.uvigo.es/gl/docencia/exames

Para superar a materia, será necesario acadar unha nota mínima do 40% en cada un dos tipos de avaliación (2,4/6 na avaliación contínua e 1,6/4 no exame escrito). No caso de non acadarse este criterio, a máxima cualificación que poderá acadar o alumno/a é un 4/10.

Para a avaliación correspondente á segunda edición da acta (xuño/xullo) o estudante que asistia con regularidade ao curso, e teña superada a avalización continua, poderá escoller entre manter a cualificación obtida nestas probas e realizar só o exame escrito cun valor do 40%,  ou renunciar a cualificación obtida na avaliación contínua e realizar un exame que avalíe a totalidade das competencias, cun 100% da puntuación. Esta decisión deberá comunicarse na forma e no prazo establecido polo centro ou polo profesorado da materia.

No caso do alumnado que non asistira ao curso, a avaliación realizarase en base á
nota dun exame final  para avaliar todas as competencias asignadas a esta
materia, cun 100% da puntuación.

CÓDIGO ÉTICO: Como membros da Universidade de Vigo, agárdase que o estudantado desta materia promova e comparta unha cultura ética e de integridade académica. Considérase que calquera intento de obter unha avantaxe académica por medios deshonestos ou inxustos é unha falta de integridade que resulta inaceptable.

No caso de que o profesorado detecte un comportamento non ético por parte de un/unha estudante (copia no exame escrito a través de calquera método, utilización de dispositivos electrónicos se non son expresamente autorizados, plaxio, reutilización de traballos, etc.) o alumno será cualiicado cunha nota de: Suspenso (0,0) na nota final. No caso de reincidencia, serán comunicados os feitos á dirección da EEAE para a súa consideración.


Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000