A avaliación completa dos coñecementos e habilidades adquiridos polo estudantado realizaráse a través de probas de Avaliación contínua e un exame final escrito. - Avaliación contínua: suporá un 60% da cualificación total e constará de actividades que se desenvolverán ao longo de todo o cuadrimestre (Resolución de problemas: 10%; Traballo individual ou de grupo: 30%; Cartafol/ dosisier: 20%). As probas presenciais realizaránse no horario lectivo. - O exame escrito (40%) consta de preguntas obxectivas, preguntas curtas, e cuestións tipo test. Realizaráse nas datas fixadas nocalendario de probas de avaliación aprobado oficialmente pola Xunta de Centroda EEAE publicado na páxina web http://aero.uvigo.es/gl/docencia/exames Para superar a materia, será necesario acadar unha nota mínima do 40% en cada un dos tipos de avaliación. No caso de non acadarse este criterio, a máxima cualificación que poderá acadar o alumno/a é un 4/10.
O alumnado pode renunciar a cualificación obtida na avaliación contínua e realizar
un exame que avalíe a totalidade das competencias, cun 100% da
puntuación. Esta decisión de renuncia a avaliación contínua deberá comunicarse na forma e no prazo
establecido polo centro e/ou polo profesorado da materia.
Para a avaliación correspondente á segunda oportunidade(xuño/xullo) o estudante que asistia con regularidade ao curso, e teña superada a avalización continua, poderá escoller entre manter a cualificación obtida nestas probas e realizar só o exame escrito cun valor do 40%, ou renunciar a cualificación obtida na avaliación contínua e realizar un exame que avalíe a totalidade das competencias, cun 100% da puntuación. Esta decisión deberá comunicarse na forma e no prazo establecido polo centro ou polo profesorado da materia. A mesma metodoloxía aplicarase para a convocatoria de fin de carreira.
O/a estudante ten dereito a optar pola avaliación global segundo o procedemento e o prazo que estableza o centro para cada convocatoria. CÓDIGO ÉTICO: Como membros da Universidade de Vigo, agárdase que o estudantado desta materia promova e comparta unha cultura ética e de honestidade académica. Considérase que calquera intento de obter unha avantaxe académica por medios deshonestos ou inxustos é unha falta de integridade que resulta inaceptable.
No caso de que o profesorado detecte un comportamento non ético por parte de un/unha estudante (copia no exame escrito a través de calquera método, utilización de dispositivos electrónicos se non son expresamente autorizados, plaxio, reutilización de traballos, etc.) o alumno será cualiicado cunha nota de: Suspenso (0,0) na nota final. No caso de reincidencia, serán comunicados os feitos á dirección da EEAE para a súa consideración.
|