Guia docente 2020_21
Escola de Enxeñaría Aeronáutica e do Espazo
Grao en Enxeñaría Aeroespacial
 Materias
  Expresión gráfica: Expresión gráfica
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Lección maxistral Exame ordinario con preguntas de desenvolvemento e exercicios, a realizar na data establecida polo centro, de teoría e práctica, sobre dos contidos tratados nas distintas sesións.
60 A1
C5
D1
D3
D4
D6
D8
Traballo tutelado Con seguimento do profesor. Avaliaranse as entregas parciais e final, a realizar tanto sobre papel como en ordenador. 10 D4
D6
D8
Prácticas con apoio das TIC Avaliación das prácticas realizadas semanalmente, con informes periódicos. 30 A1
C5
D1
D4
D6
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

A avaliación continua incluirá todo o traballo desenvolvido de modo presencial ou non presencial, daquelas actividades
individuais e grupais programadas. A asignatura supérase mediante a avaliación continua ó acadar 5,00 puntos en
cada unha das 3 partes en que se divide. No caso de non acadar 5,00 en cada parte, a materia tamén pode superarse se en cada parte se supera o 4,5 e a media resulta igual ou superior a 5,00 puntos. No caso de que a media sexa igual ou superior a 5 pero non se chegue ao 4,5 en algunha das partes, a nota que figurará na acta será 4,9.

A mediados do curso realizarase un exame parcial (30% da nota total). A cualificación desta primeira parte será a obtida no exame parcial ou ben na súa recuperación que coincidirá co exame final, no que se realizará tamén o segundo parcial (en data fixada polo centro). A cualificación do segundo parcial será a obtida no exame final desta parte (30% da nota total). O 40% restante da nota total, segundo a metodoloxía anteriormente esposta, obterase polas prácticas e traballos realizados durante o curso nas porcentaxes indicadas.

No caso de non seguir  o proceso de avaliación continua o alumno poderá presentarse ao exame final da materia, podendo neste caso completarse dito exame co exame das prácticas. A súa cualificación será a obtida en dito exame. 

Para a avaliación da convocatoria de xullo manteranse as cualificacións das partes superadas anteriormente, debendo recuperarse as non superadas e podendo presentarse tamén ás superadas co obxectivo de mellorar a cualificación final.

Datas avaliación:
Segundo o calendario de exames aprobado oficialmente pola Xunta da Escola, que se publica na súa páxina web: http://aero.uvigo.es/gl/docencia/exames. A parte práctica, de ser o caso, podería requerir algún tipo de prova ó marxe de tales datas.

Compromiso ético: "Espérase que o estudantado presente un
comportamento ético axeitado. En caso de detectar un comportamento ético
non axeitado (copia, plaxio, utilización de aparellos electrónicos non
autorizados, e outros) considerarase que o/a alumno/a non reúne os
requisitos necesarios para superar a materia. Neste caso a cualificación
global no presente curso académico será de suspenso (0.0). No caso de
ser necesario, poderase realizar un novo exame para verificar a
adquisición de competencias e coñecementos por parte do alumnado
implicado."

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000