Guia docente 2020_21
Facultade de Dereito
Grao en Dereito
 Materias
  Economía: Principios de economía
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Resolución de problemas e/ou exercicios Proba escrita na que o alumno deberá solucionar unha serie de problemas e/ou exercicios nun tempo establecido polo profesor. Deste xeito, o alumno deberá aplicar os coñecementos adquiridos. Porase especial atención no resultado de aprendizaxe: Coñecemento dos principios económicos, dos mecanismos de toma de decisión económica por parte dos distintos axentes e a súa interacción no mercado. 50 A2
A3
A4
C11
C12
D1
D3
Exame de preguntas obxectivas Probas para avaliación das competencias adquiridas que inclúen preguntas
pechadas con diferentes alternativas de resposta (verdadeiro/falso, elección
múltiple, emparellamento de elementos...). Os alumnos seleccionan unha resposta entre un número limitado de posibilidades. Porase especial atención
no resultado de aprendizaxe: Coñecemento dos principios económicos, dos mecanismos de toma de decisión económica por parte dos distintos axentes e a súa interacción no mercado.
50 C11
C12
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

- Para a edición de xuño haberá dúas formas de avaliación:

Opción A: O estudante pode acollerse ao sistema de avaliación continua que se acaba de expoñer. Entenderase que o
alumno se acolle a este sistema de avaliación continua cando se presente a probas que en conxunto representen o 50% ou máis da nota final
. Anunciarase a principio de curso un cronograma donde aparecen as datas das distintas probas de
avaliación continua.

Os alumnos que se acollan ao sistema de avaliación continua terán a
obriga de colocar unha fotografía tipo carné en Faitic antes da primeira
proba de avaliación e de acceder regularmente á plataforma de
teledocencia para estar así ao corrente das novedades que se produzan.

Opción B: O estudante que non se acolla o sistema de avaliación continua será avaliado mediante a realización dun examen
final de carácter escrito na data oficialmente establecida coas seguintes ponderacións: proba de preguntas obxectivas (50%) e proba de resolución de exercicios (50%).

Para a opción B da edición de xuño, tanto as competencias avaliadas coma os resultados do aprendizaxe serán os mesmos que para a opción A da edición de xuño.

- Para a edición de xullo haberá tamén dúas formas de avaliación:

Opción A: Os estudantes que se acolleran ao sistema de avaliación continua poderán conservar as notas dos dous tipos de
probas realizadas. Poderán subir nota nas seguintes partes: Proba de preguntas obxectivas (50%) e Proba de resolución de
exercicios (50%).

-Opción B: Os alumnos que non se acolleran ao sistema de avaliación continua terán dereito a un exame final que abarcará
unha proba tipo test (50%) e unha proba de resolución de exercicios (50%).

Para a edición de xullo, tanto as competencias avaliadas coma os resultados do aprendizaxe serán os mesmos que para a edición de xuño.

Fin de carreira:

O alumno que opte por examinarse en fin de carreira será avaliado
únicamente cun exame teórico-práctico que valerá o 100% da nota. 

Para os alumnos de Fin de carreira, tanto as competencias avaliadas coma os resultados do aprendizaxe serán os mesmos que para a edición de xuño.

As datas e horarios das probas de avaliación das diferentes edicións son as especificadas no calendario de probas de
avaliación aprobado pola Xunta de Facultade de Dereito para o curso 2020-21. En caso de conflito, prevalecerán as datas
publicadas na páxina web da Facultade de Dereito.

É necesario traer o DNI ou documento análogo cando teña lugar a
realización dos exames. O incumprimento deste requisito pode ter como
consecuencia que o alumno non realice o exame en cuestión.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000