É responsabilidade do alumnado consultar os materiais e as novidades a través da plataforma FAITIC e de estar ao tanto das datas de entrega de traballos, probas, etc. O plaxio ou copia cualificarase cun 0, que computará para a nota final. O exercicio ou traballo que fose obxecto de copia ou plaxio non se poderá repetir. Considérase plaxio o uso de programas de tradución automática, mesmo con correccións. RESUMO DE PORCENTAXES 20% contidos teóricos 35% tradución directa (15% ENCARGO + 20% EXAME) 35% tradución INVERSA(15% ENCARGO + 20% EXAME)
AVALIACIÓN CONTINUA 1 - O alumnado deberá informar o profesorado nas dúas primeiras semanas de clase a súa decisión de acollerse á avaliación continua ou non. Para esta recoméndase a asistencia continuada a clase. 2 - Aquelas persoas que por motivos de traballo ou familiares non poidan asistir ás clases, deben comunicalo persoalmente ao profesorado para que tomen as medidas compensatorias para facilitar a conciliación laboral e familiar. 3 - O non entregar algún dos encargos ou non realizar algunha das probas implicará a perda do dereito á avaliación continua e a anulación de todas cualificacións obtidas anteriormente. Será obrigatorio entón presentarse á convocatoria única. 4 - O alumnado que se acolla á avaliación continua e obteña unha cualificación de suspenso deberá presentarse á convocatoria extraordinaria de xullo na data publicada polo decanato. Conservaranse as partes aprobadas, e só haberá que repetir aquelas que estean suspensas (encargos, exames e parte teórica) CONVOCATORIA ÚNICA (DECEMBRO E XULLO) O alumnado que non se acolla á avaliación continua ou que teña a materia pendente de cursos anteriores presentarase na data oficial do exame (decembro ou xullo segundo corresponda) publicada polo decanato únaa proba que consistirá en: 1. Tradución directa (40%) e inversa (40%): 80% da nota. É necesario aprobar ambas as partes para fai a media 2. Cuestionario de preguntas de respostas curtas: 20% da nota. É necesario aprobar esta parte para fai a media coas traducións. Todo o material para poder cursar a materia atoparase a disposición do alumnado na palataforma Faitic. |