Avaliación continua: A avaliación continua é a modalidade de ensino recomendada para a materia e implica a entrega dos exercicios/tarefas indicados ao longo do curso. Se algunha persoa non pode cumprir nalgún momento esta condición, pasará automaticamente a avaliación única. A opción pola avaliación continua implica a renuncia á avaliación única. Para poder ser avaliada/o, é obrigatorio ter aprobados tanto o traballo tutelado como a práctica de laboratorio. O alumnado acollido ao sistema de avaliación continua que non supere a materia e teña que acudir á convocatoria de xullo (2ª edición de actas) debe superar un exame con todos os contidos da materia. Ao longo de toda a avaliación penalizarase a copia e o plaxio. Avaliación única: O alumnado que non se acolla á modalidade de ensino presencial (avaliación continua) poderá acollerse á avaliación única. Neste caso, a avaliación realizarase por medio dunha única proba consistente nun exame que terá lugar o último día de aulas (coincidindo co de avaliación continua) ou nunha data acordada co alumnado e anunciada debidamente en Faitic. De non superar a materia nesta primeira edición de actas, disporase dunha segunda oportunidade en xullo (2ª edición de actas). Neste caso, a proba terá lugar na data fixada pola Facultade.
O exame final incluirá cuestións teóricas e prácticas relativas ao total dos contidos abordados ao longo do semestre. A nota mínima que se require para superar esta proba é un 5 sobre 10. Como material de apoio para o exame poderase levar ordenador e todo tipo de obras de consulta. Os exercicios do exame realizaranse en papel. O exame constará dun exercicio de tradución de entre 200 e 250 palabras (60%) e varios exercicios sobre problemas de tradución, estratexias e pregunta (posible) de control de lectura (40%). Penalizarase a copia e o plaxio. |