Guia docente 2018_19
Facultade de Historia
Máster Universitario en Valoración, xestión e protección do patrimonio cultural
 Materias
  Educación patrimonial e innovación social
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Probas de resposta curta Probas para avaliación das competencias adquiridas que inclúen preguntas directas sobre un aspecto concreto. Os alumnos deben responder de maneira directa e breve en base aos coñecementos que teñen sobre a materia. 20 B1
C8
Traballo
É un texto elaborado sobre un tema e debe redactarse seguindo unhas normas establecidas.
50 A4
C13
C14
D3
Outras Valorarase a participación activa nas distintas actividades por medios telemáticos de cara a capacitar ao alumnado para a creación de proxectos de educación patrimonial e innovación social. 30 D2
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Cada estudante, segundo a normativa vixente, ten dúas convocatorias de avaliación.

A primeira leva a cabo durante o cuadrimestre de docencia. En primeiro lugar, ao longo das semanas de docencia da materia, mediante a entrega das actividades de avaliación requiridas. No caso de que as semanas de docencia da materia non sexan suficientes para a entrega de todos os traballos previstos, habilitaranse na plataforma de docencia dúas semanas adicionais, ao final do cuadrimestre, para facilitar a devandita entrega, establecéndose neste caso un cronograma alternativo de entrega de tarefas.

A segunda avaliación realízase no mes de xullo, para o cal se habilitará de novo o acceso á plataforma docente. Se se aprobou a primeira convocatoria, xa non será posible presentarse para mellorar nota na segunda.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000