Guia docente 2018_19
Facultade de Historia
Máster Universitario en Valoración, xestión e protección do patrimonio cultural
 Materias
  Deseño de Exposicións e Modelos Expositivos
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Estudo de casos Análise dun proxecto expositivo proposto pola profesora ou elaboración dalgunha pequena proba ou cuestionario a través de medios telemáticos.
Avaliaranse os seguintes resultados de aprendizaxe: a capacidade de analizar os elementos e condicionantes que interveñen no seu deseño a partir dos contidos introducidos nas sesións teóricas da materia.
20 A4
B1
C8
D6
Traballo tutelado Elaboración dun proxecto expositivo de temática libre.
Avaliaranse os seguintes resultados de aprendizaxe: a adquisición da capacidade de deseñar exposicións de contido patrimonial, atendento ao punto de vista conceptual da creación de mensaxes e ao punto de vista material dos espazos. Valorarase tamén a adecuación aos criterios de planificación museística explicados nas sesións teóricas.
60 A4
B1
C8
C14
D1
D6
Observación sistemática Valorarase a presencialidade e participación activa do alumnado a través dos medios telemáticos (e-meeting, foros). 20 A4
B1
C8
D1
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Cada estudante, segundo a normativa vixente, ten dúas
convocatorias de avaliación.

A primeira lévase a cabo durante o cuadrimestre de docencia, ao longo das semanas de docencia da materia mediante a entrega das actividades de avaliación requeridas. No caso de que as semanas de
docencia da materia non sexan suficientes para a entrega de todos os traballos
previstos, habilitaranse na plataforma de docencia dúas semanas adicionais, ao
final do cuadrimestre, para facilitar a devandita entrega, establecéndose neste
caso un cronograma alternativo de entrega de tarefas.

A segunda
avaliación realízase no mes de xullo, para o cal habilitarase de novo o acceso
á plataforma docente.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000