Preténdese que os estudantes profunden nos sistemas de Información aplicados á xestión empresarial. Ao longo da materia os estudantes estudarán a organización e explotación de datos mediante o deseño e construción de consultas en bases de datos relacionais, que permitan analizar a información almacenada de acordo a distintos criterios de agrupación e segmentación. Á súa vez, utilizarase unha folla de cálculo para realizar a análise dos datos mediante táboas dinámicas e outras ferramentas avanzadas. Todo isto complementarase ademais coa práctica da xestión e edición avanzada de documentos, e coa revisión das ferramentas e principais funcións incorporadas a un programa de presentacións.