Esta materia desenvolve os contidos, métodos e ferramentas asociados á estratexia de operacións. Nela profúndase en aspectos relacionados coa selección e deseño do produto, modo e lugar de elaboración,recursos necesitados e a súa organización, e calquera outro aspecto necesario para que a empresa poida realizar o proceso produtivo para o que foi creada.