Para superar a materia será necesario que o alumno obteña unha nota mínima de 4 sobre 10 nas metodoloxías de avaliación "seminarios", "traballos tutelados", "traballos e proxectos" para que se poida computar cada unha delas na avaliación global da materia. En calquera caso, establécese a obrigatoriedade de aprobar a proba de resposta longa para poder aprobar a materia computando o resto de notas obtidas (Obrigatoriedade de obter unha nota mínima no exame dun 5 sobre un máximo de 10 puntos).
En segunda convocatoria o alumno deberá realizar unha proba de resposta longa similar á realizada en primeira convocatoria. Esíxese un mínimo de 5 puntos sobre 10 para aprobar a materia. Nesta convocatoria mantéñense as calificacións previas de seminarios probas curtas, informes e traballos.
Alumnos que se acollan á non avaliación continua deberán realizar un exame de respostas longas que suporá un 70% da nota final e un exame onde se recollerán aspectos relacionados coas prácticas realizadas e o material manexado nos seminarios realizados. Esta proba terá un valor do 30% da nota final. En ambos os casos para poder sumar as notas de ambas as probas esíxese a obrigatoriedade dunha nota mínima en ambas. Está nota mínima será de 5 sobre a 10 en ambos os casos.
Compromiso ético Espérase
que o alumno presente un comportamento ético adecuado. En caso
de detectar un comportamento non ético (copia, plaxio, utilización de aparellos
electrónicos non autorizados, e outros), considerarase
que o alumno non reúne os requisitos necesarios para superar a
materia. Neste caso a calificación global no presente curso académico será de suspenso
(0.0)
Non se permitirá o emprego de ningún dispositivo electrónico durante as
probas de avaliación salvo autorización expresa. O introducir un
dispositivo electrónico non autorizado na aula de exame será considerado motivo
de non superación da materia no presente curso académico e a calificación
global será de suspenso (0.0) |